Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Denomínase delta ó territorio triangular formado na desembocadura dun río, mediante a acumulación de sedimentos que se depositan a medida que a corrente do río vai desaparecendo.

Delta do río Nilo, visto dende a órbita da terra

Características

editar

Está composto por brazos fluviais que separan ás illas en que se viñeron depositando os sedimentos carretados por ese río, ó chegar ó mar, océano ou lago. Os depósitos dos deltas dos ríos máis grandes caracterízanse polo feito de que o río se divide en múltiples brazos que se abren e se xuntan para formar un cúmulo de canles activas e inactivas.

O delta máis famoso é o do río Nilo, e é de onde procede o nome co que denominamos a este tipo de desembocadura, pois dito río ten unha desembocadura de forma marcadamente triangular, que o asemella moito á forma da letra grega Delta , motivo polo cal foi así amentado polo historiador Heródoto .

Xénese dun delta

editar
 
Este delta formouse na costa sueste de Groenlandia, preto de Narsarsuaq.

O delta fórmase pola deposición, nun espazo que adoita tomar unha forma triangular, do material arrastrado polos ríos ó se producir unha diminución brusca da velocidade do fluxo, que pode ser causada pola súa desembocadura no mar, nun lago, ou noutro río máis ancho e incluso nos océanos, aínda que isto último é menos frecuente.

Os deltas e os esteiros constitúen as dúas formas principais de desembocadura dos ríos nos mares, océanos, lagos ou noutros ríos máis grandes. A súa presenza nas desembocaduras está orixinada pola amplitude das mareas: cando as mareas son moi intensas, a desembocadura dos ríos nos océanos adoitan ser do tipo de esteiro xa que durante a preamar, se represan as augas do río, mentres que na baixamar se produce unha grande aceleración da velocidade das augas, o cal dá orixe a unha especie de limpeza do leito que impide a acumulación dos sedimentos que forman as illas no caso dos deltas. É polo mesmo que os deltas acontecen máis nos lagos, mares e ata en ríos grandes, onde as augas non sofren a acción das mareas, ca no caso dos océanos abertos.

 
O delta do río Ganxes, na India e Bangladesh é unha das rexións máis fértiles da terra.

Así a todo, existen excepcións a esta regra, coma no caso do Delta do Orinoco en América do Sur e do Níxer en África, que son lugares onde a acción das mareas é moito menos importante ca nas latitudes medias.

Naqueles lugares en que a formación do delta está dominado polo río e está menos suxeito á acción das mareas, pódese formar un delta con forma polilobular. O delta do río Mississippi é un exemplo deste tipo de formacións.

Nalgúns casos bastante pouco habituais, o delta se encontra nun val moi longo e coñécese como delta fluvial invertido. Ás veces un río divídese en moitas ramas nunha área terra dentro, só para volver a se xuntar e continuar ata o mar. Isto adoita ocorrer en zonas en que antigamente puido haber un lago. O caso máis notable deste tipo é o delta interior do río Níxer.

O material que forma o delta é bastante variado, podendo estar formado por unha mestura de arxila, limo, area. Estes materiais poden ser arrastrados pola corrente en función da velocidade desta, e se amorearse ou non, segundo sexa a maior ou menor intensidade das mareas.

O solo dos deltas é xeralmente fértil aínda que algunhas veces teñen un nivel de sal algo elevado.

Deltas famosos

editar
 
Arrozais no delta do Ebro

A continuación móstrase unha lista con algúns dos deltas máis famosos:


Véxase tamén

editar