Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Dereita política

A dereita política é un concepto que se refire ao segmento do espectro político asociado a posicións conservadoras, relixiosas ou ben simplemente opostas á esquerda política. Engloba xa que logo a correntes ideolóxicas moi diversas cuxa separación pode ser tallante, dependendo de que consideren prioritaria a defensa da liberdade individual (liberalismo), a defensa da patria (nacionalismo, patriotismo) ou de que ante todo busquen o mantemento da orde social establecido (tradicionalismo, conservadorismo). En oposición á esquerda política, o sector máis liberal salienta o libre mercado por encima do intervencionismo das administracións públicas e busca potenciar valores e dereitos individuais, fronte a posicións colectivistas ou estadistas, mentres que o sector máis conservador é partidario do encadramento colectivo en estruturas rixidamente xerarquizadas e disciplinadas.

A dereita máis moderada adóitase cualificar como centro-dereita, mentres que a dereita máis extremista cualifícase como ultradereita ou extrema dereita.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.