Derek Barton
Derek Harold Richard Barton, nado o 8 de setembro de 1918 en Gavesend (Inglaterra) e finado o 16 de marzo de 1998, foi un químico británico que gañou o Premio Nobel de Química en 1969.
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Londres, licenciouse de Química orgánica en 1942 e ata 1944 traballou en proxectos para o goberno, entre 1944 e 1945 traballou en Birmingham, nomeado profesor axudante do departamento de química do Imperial College da Universidade de Londres. En 1949 foi profesor visitante en Harvard. En 1953 foi profesor de Birkbeck College (Universidade de Londres), en 1955 da Universidade de Glasgow e en 1957 do Imperial College.
En 1950 demostrou que as moléculas orgánicas podían atribuírse unha conformación química preferida baseándose nos resultados achegados por diversas investigacións, en especial as de Odd Hassel. Usando esta nova técnica de análise conformacional posteriormente determinou a xeometría de moitas outras moléculas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1969 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1969 (en inglés)
Predecesor: Lars Onsager |
Premio Nobel de Química 1969 con Odd Hassel |
Sucesor: Luis Federico Leloir |