Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

ETB 1 é a primeira canle de Euskal Telebista, a televisión pública do País Vasco. Esta canle emite integramente en éuscaro e a súa programación é de carácter xeralista.

ETB 1
Inicio das emisións 31 de decembro de 1982
Propiedade de Euskal Telebista
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 2,4% (xullo de 2013, TNS)
País España España
Lingua Éuscaro
Área de emisión País Vasco País Vasco
Navarra Navarra
Pireneos Atlánticos
Canle/s irmá(s) ETB 2
ETB 3
ETB 4
ETB HD
ETB Sat
Canal Vasco

Na rede
www.eitb.eus

Historia

editar

Saíu ao aire o 31 de decembro de 1982, en modo de probas, e normalizáronse as emisións o 16 de febreiro de 1983 e foi a primeira canle que emitiu ETB ao amparo das competencias que emanaban do Estatuto de Autonomía coñecido como Estatuto de Gernika, co apelativo de cuarta canle para diferenciarse das terceiras canles que posteriormente se crearían para as autonomías.

Esta canle, como embrión da televisión do Grupo, naceu para contribuír á normalización do éuscaro, tal como recolle a lei de creación do Ente EITB.

Ámbito

editar

A súa área de recepción é toda a comunidade autónoma do País Vasco pero tamén se pode ver en toda Navarra, País Vasco francés e provincias limítrofes.

Programación

editar

A súa oferta televisiva conta con programas, magazines, entrevistas, teleseries, cinema en éuscaro, documentais, retransmisións deportivas, programas infantís e xuvenís etc. Facendo gran fincapé no deporte e a programación infantil e xuvenil.

A serie Goenkale, emitida entre 1994 e 2015, foi un dos seus grandes éxitos de audiencia, ademais de ser a serie máis lonxeva de Euskadi e tamén de España. Wazemank 3.0, programa humorístico, tamén se converteu nun dos programas con máis audiencia en ETB 1.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar