Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

El Correo Gallego

xornal galego que se edita en Santiago de Compostela

El Correo Gallego é un xornal galego que se edita en Santiago de Compostela. Fundouno José Mariano Abizanda na cidade de Ferrol en 1878.

El Correo Gallego

Exemplar editado en Ferrol en 1912.
Fundación1 de agosto de 1878
PropietarioEditorial Prensa Ibérica
FundadorJosé María Abizanda
Lingualingua castelá
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
http://elcorreogallego.es/
Twitter: elcorreogallego BNE: XX119815 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar
 
Nave do Grupo Correo Gallego no Polígono Industrial Costavella de Santiago de Compostela.

O primeiro número saíu o 1 de agosto de 1878. O seu primeiro director foi Victorino Novo García. Dende 1912 e durante vinte e seis anos, a familia Barcón xestionou o xornal.

Entre os seus directores estiveron Manuel Comellas, Ceferino Doce, Fernando Pérez Barreiro, José Lapique Adrio (1912-1913), Alfonso de Cal, Eladio Fernández Diéguez, Roberto Blanco Torres (1920-1921), Ramón Villar Ponte (1921), José Barberá Armelles (1940-1950), Lisardo Barreiro e Xerardo González Martín.

En outubro de 1938 trasladouse a Santiago e fusionouse con El Eco de Santiago, pasando a denominarse El Correo Gallego y El Eco de Santiago. En 1967, fusionouse con La Noche pasando a denominarse El Correo Gallego, diario de La Noche e converténdose en vespertino. Esta unión só durou ata o 27 de decembro de 1968, cando volveu reaparecer El Correo Gallego como diario matutino.

Feliciano Barrera foi o seu propietario, ata o seu pasamento en 2012.

En xuño de 2022 o xulgado declarou o concurso voluntario de acredores de Editorial Compostela S.A., a empresa editora do xornal, que tiña unha débeda de 17 millóns de euros[1]. En novembro de 2022 Editorial Compostela pasou a formar parte do grupo Prensa Ibérica[2].

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar