El Pueblo (Redondela)
El Pueblo foi un periódico publicado en Redondela entre 1895 e 1901.
El Pueblo | |
---|---|
Localidade | Redondela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu en febreiro de 1895[1] co subtitulo Semanario de Intereses Generales, que mantivo ata o número 19 saíndo os domingos. Pasou despois a Bisemanal Independiente ata o número 100, aparecendo os mércores e os domingos e a partir de 1896 os xoves e os domingos. Finalmente desapareceu o subtítulo. Caracterizouse por defender os intereses agrícolas da comarca. Foron os seus directores Francisco Crespo Rivas e máis tarde Antonio Orellana Pereira. O administrador era Serafín Reboredo Blanco. Entre os seus redactores figuraron José da Cal, Antonio Otero, Juan Manuel Otero Milleiro, Serafín Reboredo, Ramón Ancoechea Montes, Maximino Crespo Rivas e Fernando González Gómez.
En 1899 pasou a ser propiedade de Saturnino Montero e iniciou unha segunda etapa na que reapareceu coa cabeceira El Pueblo. Periódico Independiente, manténdose ata xullo de 1901.[2]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Pueblo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. pp. 21–24. ISBN 84-8302-720-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.