Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Eli Whitney, nado en Westborough (Massachusetts) o 8 de decembro de 1765 e finado en New Haven (Connecticut) o 8 de xaneiro de 1825 foi un inventor estadounidense, coñecido por inventar a debulladora, un dos inventos clave da revolución industrial, e que modelou a economía do Sur anterior á guerra civil.[1] O invento de Whitney converteu o algodón nun cultivo de proveito, que fortaleceu a fundación económica da escravitude dos Estados Unidos. A pesar do impacto económico e social do seu invento, Whitney perdeu moitos cartos en batallas legais pola patente da debulladora. Posteriormente volveu a súa atención en contratos co goberno para fabricar mosquetes para o novo exército dos Estados Unidos. Continuou a construír armas e inventar ata a súa morte en 1825.

Modelo:BiografíaEli Whitney

(década de 1820) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de decembro de 1765 Editar o valor en Wikidata
Westborough, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1825 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
New Haven, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural
suicidio, peritoneum cancer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrove Street Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónYale College (en) Traducir
Leicester Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, recadador de impostos, enxeñeiro, inventor, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
PatrocinadorCatherine Green Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeHenrietta Frances Edwards Editar o valor en Wikidata
FillosEli Whitney Jr. Editar o valor en Wikidata
PaisEli Whitney Editar o valor en Wikidata  e Elizabeth Fay Editar o valor en Wikidata
IrmánsElizabeth Fay Whitney Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Whitney, Eli)
A New Nation Votes: American Electoral Returns, 1788-1825 (en) Traducir
The Nuttall Encyclopædia >>>:Whitney, Eli Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Whitney-1738 Find a Grave: 1099 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Whitney inventou a máquina para debullar o algodón en 1793. Esta máquina era unha unidade mecánica que separaba as sementes do algodón, o que ata ese momento era un traballo moi pesado, por unha participación humana máis escasa.

A maior contribución de Whitney para a industria dos Estados Unidos foi a importación e posta en marcha do sistema de fabricación e a liña de montaxe. Foi o primeiro en empregala na produción de mosquetes para o goberno dos Estados Unidos e o segundo no mundo, xa que o inventor francés Honoré Le Blanc a desenvolveu na fabricación de mosquetes para o exército francés. Cómpre salientar que o exército estadounidense compraba e recibía nesa época armas de Francia.

Despois da independencia dos Estados Unidos, había unha gran demanda de mosquetes nese país, e a independencia fixo posible producir bens manufacturados. Whitney atopou patrocinadores para apoiar o concepto de partes intercambiables de produción na fabricación de mosquetes. Non obstante, os seus patrocinadores impacientáronse moito cando, logo de que pasara un tempo considerable e de gastar moito diñeiro, descubriron que aínda estaba facendo ferramentas para fabricar partes. Con todo, co tempo os seus esforzos lograron producir partes intercambiables e económicas en grandes cantidades. O concepto de producir un conxunto de cuños para fabricar un millón de partes non se entendía ben nesa época. Os conceptos de Whitney foron explotados posteriormente por Henry Ford e outros industriais.

Whitney faleceu de cancro de próstata en 1825, un mes despois do seu 59 aniversario, deixando unha viúva, Henrietta Edwards, e catro fillos. Durante o transcurso da súa doenza, inventou e construíu varios aparellos para paliar mecanicamente a súa dor.

  1. "Elms and Magnolias: The 18th century". Manuscripts and Archives, Yale University Library. 16 de agosto de 1996. Consultado o 19 de marzo de 2008. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Battison, Edwin. (1960). "Eli Whitney and the Milling Machine." Smithsonian Journal of History I.
  • Cooper, Carolyn, & Lindsay, Merrill K. (1980). Eli Whitney and the Whitney Armory.
  • Dexter, Franklin B. (1911). "Eli Whitney." Yale Biographies and Annals, 1792–1805. Nova York, NY: Henry Holt & Company.
  • Hall, Karyl Lee Kibler, & Cooper, Carolyn. (1984). Windows on the Works: Industry on the Eli Whitney Site, 1798–1979.
  • Lakwete, Angela. (2004). Inventing the Cotton Gin: Machine and Myth in Antebellum America. Baltimore, MD: Johns Hopkins University Press.
  • Smith, Merritt Roe. 1973. "John H. Hall, Simeon North, and the Milling Machine: The Nature of Innovation among Antebellum Arms Makers." Technology & Culture 14.
  • Woodbury, Robert S. (1960). "The Legend of Eli Whitney and Interchangeable Parts." Technology & Culture 1.
  • Iles, George (1912). Leading American Inventors. New York: Henry Holt and Company. pp. 75–103. 
  • McL. Green, Constance – Edited by Oscar Handlin. (1956). Eli Whitney & The Birth of American Technology. Library of American Biography series.

Ligazóns externas

editar