Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Eloy Artime Pérez

político galego

Eloy Artime Pérez, nado en Padrón o 30 de outubro de 1872 e finado en Compostela o 28 de maio de 1929[1], foi un comerciante galego.

Modelo:BiografíaEloy Artime Pérez
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1872 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de maio de 1929 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco Javier Artime Pérez Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Quedou orfo con 12 anos e buscou emprego como dependente en Santiago. Con 20 anos estableceu un bazar na rúa da Caldeirería. En 1902 casou no pazo arcebispal de Lestrobe con Camila Astray, filla do médico de Lestrobe, oficiando a cerimonia Salustiano Portela Pazos.

Foi un cualificado representante da opinión pública en Padrón e en Santiago, ocupando importantes cargos, como portavoz da Defensa do Progreso de Padrón, presidente da Liga de Amigos de Santiago e socio fundador da Sociedad de Amigos del país. Formou parladoiro entre outros con Valle Inclán, Raimundo López Pol, o doutor Devesa e Portela Pazos, entre outros.

A súa inclinación política era republicana, sendo directivo do Centro Republicano de Santiago.

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 29-5-1929, p. 9.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar