Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Emblema de Bangladesh

O emblema de Bangladesh (en bengalí: বাংলাদেশের জাতীয় প্রতীক - Bānglādēśēr Jātīẏo Pratīk) foi adoptado pouco despois da independencia en 1971. Na parte central do emblema aparece representada unha flor de nenúfar situada sobre varias ondas que simbolizan a auga e rodeada por dúas espigas de arroz. Sobre o nenúfar figuran catro estrelas de cinco puntas colocadas ós lados da flor. O nenúfar, un dos símbolos nacionais do país, é unha planta que medra en numerosos ríos que discorren por Bangladesh. As catro estrelas representan os catro principios fundamentais consagrados orixinalmente pola primeira constitución de Bangladesh en 1972: nacionalismo, secularismo, socialismo e democracia.

Emblema de Bangladesh
বাংলাদেশের জাতীয় প্রতীক
Detalles
ArmigerBangladesh
Adoptado1971

Escudos históricos

editar