Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

A envexa é un sentimento de tristeza e odio, que experimenta o ser humano, ao considerar que outro posúe un ben do que el carece.[1]

Retrato dunha muller con envexa obsesiva, por Jean Louis Théodore Géricault (1791–1824)

Envexa en psicoloxía

editar

A envexa é unha das emocións máis primitivas do bebé, descrita coma unha pulsión primaria. Esta emoción consiste na necesidade de apropiación do obxecto ideal ou das súas calidades e, ao mesmo tempo, na intención de destruílo para suprimir a presión que exerce como obxecto de envexa. A intencionalidade destrutora convértea nunha das primeiras manifestacións do instinto de morte. Se a envexa é demasiado forte, éntrase na fase paranoico-esquizoide: a oposición entre un bo e un mal obxecto non pode manterse xa que o obxecto ideal vólvese un obxecto atacado ao que se quere desaparecer.

Algunhas organizacións psicopatolóxicas fan referencia á envexa como trastornos límites que expresan un funcionamento mental arcaico desprovisto dunha capacidade para organizar o estado de ánimo no que coexisten dúas emocións ou sentimentos opostos (como o amor-odio) e para controlar as pulsións primarias.

Envexa do pene

editar

Nalgúns casos, durante a sexualidade infantil os órganos reprodutores convértense en obxectos de envexa: envexa do pene na nena, e envexa inversa no neno pola función feminina procreadora.

A envexa do pene é o conxunto dos sentimentos de amargura e de despeito que a nena sente cando se decata da diferenza anatómica dos sexos e comprende que non terá pene. Neste sentido, a envexa é irredutible co desexo de recibir un pene no acto sexual. Karl Abraham distinguiu dúas formas deste tipo de envexa, segundo que dea lugar a pantasmas de posesión dun pene (forma de cumprimento do desexo) ou a movementos hostís ao pene que sabe non poder posuír (maneira de desquite).

O carácter primitivo desta envexa foi estudado por varias mulleres psicanalistas; Melaine Klein mostrou que é un derivado tardío da envexa primaria do seo, común nos bebés de ambos sexos, e a contrapartida da envexa masculina da capacidade feminina de levar bebés.

Punto de vista socioevolutivo

editar
 
Invidia, pintura alegórica de Giotto di Bondone, ca. 1305-1306

Unha das teorías que axudan a explicar a envexa e os seus efectos no comportamento humano é a teoría socioevolutiva. Baseándose na teoría da evolución por selección natural de Darwin (1859), a teoría socioevolutiva di que os seres humanos actúan buscando a súa supervivencia individual e tamén a reprodución dos seus xenes. Deste modo, esta teoría proporciona un marco para entender a conduta e as experiencias sociais, como o sentimento e expresión da envexa, arraigado nos impulsos biolóxicos para a supervivencia e a procreación.[2] As investigacións actuais demostraron que a envexa en realidade cambia as funcións cognitivas; estimulando a perseveranza mental e a memoria.[3]

Comparación cos celos

editar

A envexa e os celos utilízanse indistintamente no léxico coloquial, pero en realidade, estas palabras expresan dúas emocións diferentes.[4] Os celos son resultado do medo de perder a alguén ou algo co que se está emparellado, ou que se posúe, mentres que a envexa é o resentimento causado porque unha persoa ten algo que outra non posúe, e esta última desexa.[5]

Na Filosofía

editar

Segundo Aristóteles

editar

Aristóteles definía, no seu libro Retórica, a envexa (φθόνος phthonos) como "a dor causada pola fortuna dos demais."[6][7]

Segundo Spinoza

editar

O filósofo holandés Baruch de Spinoza definía, no seu libro Ética demostrada segundo a orde xeométrica, a envexa como "o odio, en canto afecta ao home de tal modo que se entristece coa felicidade doutro e desfruta coa súa desgraza." Contrapona á misericordia. Tamén considera que os homes son proclives, por natureza, ao odio e á envexa e isto é agravado pola educación.[8]

Segundo Kant

editar

O filósofo prusiano Immanuel Kant definiu no seu libro A metafísica dos costumes a envexa como "o rexeitamento a ver o noso propio benestar eclipsado polo doutro, porque o baremo que utilizamos para medir o noso propio benestar, non é o valor real deste, senón a súa comparación co dos demais"

Narcisismo

editar

Os individuos narcistas teñen normalmente envexa, ou cren que outras persoas teñen envexa deles.[9]

Un narcisista pode obter unha sensación de superioridade fronte as outra persoa mediante o menosprezo das habilidades desa persoa.[10]

  1. Russ, Jacqueline (1999). Léxico de Filosofía. Los conceptos y los filósofos en sus citas. Akal. p. 122. ISBN 978-84-460-1189-7. 
  2. Yoshimura, C.G (2010). "The experience and communication of envy among siblings, siblings-in-law, and spouses". Journal of Social and Personal Relationships. 
  3. Fields, R (2011). "Eat Your Guts Out: Why Envy Hurts and Why It's Good for Your Brain". 
  4. Parrott, W. G., & Smith, R. H. (1993). Distinguishing the experiences of envy and jealousy.Journal of Personality and Social Psychology, 64, 906-920.
  5. Neu, J., 1980, "Jealous Thoughts," in Rorty (ed.) Explaining Emotions, Berkeley: U.C. Press.
  6. Pedrick, Victoria; Oberhelman, Steven M. (2006). The Soul of Tragedy: Essays on Athenian Drama. Chicago, IL: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-65306-8. p.22
  7. 2.7.1108b1-10
  8. de Spinoza, Baruch (2007). Tecnos, ed. Ética demostrada según el orden geométrico. pp. 225, 233, 236, 254 e 267. ISBN 978-84-309-4542-9. 
  9. Narcissistic personality disorder Arquivado 08 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. - Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders Fourth edition Text Revision (DSM-IV-TR) American Psychiatric Association (2000)
  10. Hotchkiss, Sandy & Masterson, James F. Why Is It Always About You? : The Seven Deadly Sins of Narcissism (2003)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Françoise Parot, Roland Doron (1991). Diccionario Akal de Psicología. p. 209. ISBN 84-460-1258-8. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2014. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar