Estadio de Mestalla
O Estadio de Mestalla, oficialmente "Mestalla, camp del València", é o estadio do Valencia Club de Fútbol. O seu nome débese á quenlla de Mestalla que pasa por baixo do campo. Está situado entre a Avenida de Suecia e a Avenida de Aragón, no barrio de Mestalla da cidade de Valencia. Anteriormente, entre 1969 e 1974, chamouse Estadio Luis Casanova. Posúe unha capacidade de 55.000 espectadores todos sentados.
Mestalla | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 39°28′29″N 0°21′30″O / 39.474722, -0.358333 |
Localización | Valencia España |
Construción | |
Inauguración | 20 de maio de 1923 |
Arquitecto | Francisco Almenar Quinzá |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 55.000 espectadores |
Propietario | Valencia CF |
Operadora | Valencia CF |
Localía | Valencia CF |
Web | https://www.valenciacf.com/es/club/facilities/mestalla |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actualmente está en construción o Nou Mestalla, que substituirá o Estadio de Mestalla.
Inauguración
editarO Camp de Mestalla foi inaugurado o 20 de maio de 1923, tras ser bendicido o terreo de xogo, o alcalde de Valencia, Juan Artal, fixo o saque de honra previa ao partido inaugural entre Valencia CF e Levante FC. O resultado final foi de 1-0 vitoria para os propietarios con gol marcado por Arturo Montesinos Cebriá (Montes).
Eventos
editarPara o Mundial de Fútbol España 1982 foi elixido como sede da selección española para a disputa dos partidos desta na primeira fase. Igualmente aloxou os xogos da primeira rolda para o equipo nacional español nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Para a temporada 2008-09 o Estadio de Mestalla albergou a final da Copa do Rei o 13 de maio de 2009.