Nintendo Entertainment System
A Nintendo Entertainment System, ou NES, é unha videoconsola de 8 bits de Nintendo que saíu á venda en Norte América, Brasil, Europa, Asia, e Australia. O equivalente no Xapón é coñecido como Nintendo Family Computer (任天堂ファミリーコンピュータ), ou Famicom (ファミコン). A NES foi a videoconsola de máis éxito do seu tempo, tanto en Asia coma en Norte América, e axudou a revitalizar a industria dos videoxogos seguindo o vídeo game crash of 1983, e estableceu os estándards para as seguintes consolas tanto no deseño de videoxogos (tivo o primeiro xogo de plataformas, Super Mario Bros). Foi o primeiro grande éxito da consola. A NES foi a primeira consola na que o fabricante optou por permitir o desenvolvemento de xogos por terceiros.
Historia
editarAproveitando o éxito das series de xogos arcade no comezo dos 80, Nintendo fixo plans para producir a súa propia videoconsola con cartuchos renovables, unha característica que non estaba incluída nos primeiros produtos da compañía.
A NES foi deseñada por Masayuki Uemura e foi posta á venda no Xapón o 15 de xullo de 1983. A Nintendo Family Computer (Famicom) non tivo moito éxito nun primeiro momento: Durante o seu primeiro ano, foi amplamente criticada alegando que a consola era pouco fiable e moi propensa aos erros de programación e constantes avarías. Non obstante, tras un cambio na placa base, a popularidade da Famicon disparouse converténdose na consola mellor vendida no Xapón cara a finais do 1984. Animados polo seu éxito, Nintendo axiña comezou a mirar cara ao mercado norteamericano.
Nintendo comezou a negociar con Atari para sacar á venda a Famicom baixo a marca de Atari. Esta chamaríase "Nintendo Enhanced Video System." Este acordo rematou finalmente[1], e Atari decidiu centrarse na súa propia consola de nova xeración de 8 bits, a Atari 7800.[2]
A resto da década, Nintendo foi o incontestable líder no mercado de xogo American e Xaponés, e os seus títulos de xogo romperon récords de vendas. Mais, a consola non acadou o mesmo nivel de éxito no resto do mundo occidental. En Europa e Australia, o sistema foi dividido en dúas rexións separadas de mercado (A e B). Mattel tomou a distribución na rexión A, a que consistía no Reino Unido, Australia, e Italia. A distribución na rexión B, consistía no resto do continente Europeo, foi tomado por varias diferentes compañías, con Nintendo responsable da distribución da maioría dos cartuchos.
Notas
editar- ↑ debido a que Atari pechou as negociacións con Nintendo en resposta á saída por parte de Coleco dunha versión sen licenza do Donkey Kong para o seu sistema Coleco Adam. Aínda que o xogo foi producido sen o permiso nin o soporte de Nintendo, Atari tomou isto coma un sinal de que Nintendo estaba tratando cun dos seus maiores competidores.
- ↑ "The History of the Nintendo Entertainment System or Famicom". Nintendo Land. Arquivado dende o orixinal (http) o 23 de outubro de 2006. Consultado o 12 de febreiro de 2006.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Nintendo Player
- NES World
- ClassicGaming.com’s Museum – Nintendo Entertainment System (NES)—1985-1995
- Nintendo: The Good, The Bad, and The Ugly
- United States Patent and Trademark Office – console (#D294,020) Arquivado 25 de xullo de 2018 en Wayback Machine., cartridge (#D292,399) Arquivado 25 de xullo de 2018 en Wayback Machine.