Fanny Garrido
escritora galega
Francisca González Garrido, coñecida como Fanny Garrido, nada na Coruña o 30 de outubro de 1842 e finada en Madrid o 11 de novembro de 1917,[1] foi unha escritora e tradutora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Francisca González Garrido 30 de outubro de 1842 A Coruña, España |
Morte | 11 de novembro de 1917 (75 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritora, tradutora, autora |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Marcial del Adalid José Rodríguez Mourelo |
Fillos | María del Adalid () Marcial del Adalid |
Traxectoria
editarFilla do médico Francisco González Garrido del Amo e mais de Josefa García Cuenca.[2] Colaborou nos periódicos Galicia[3] e El Correo de Madrid. Da súa produción destaca a novela autobiográfica Escaramuzas, publicada en 1885. Traduciu do alemán ao castelán a Heine e Goethe. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[4] Empregou tamén o pseudónimo de Eulalia de Liáns.
Vida persoal
editarEn 1860 casou co compositor Marcial del Adalid, quen musicou moitos dos seus poemas. Logo da morte do seu marido casou co químico lucense José Rodríguez Mourelo.
Obras
editar- Escaramuzas (1885)
- La mano izquierda (Revista Contemporánea, 1887-1888)
- La madre de Paco Pardo (1898)
- Batallas (inédita)
Galería de imaxes
editar-
Fanny Garrido e Marcial del Adalid.
-
Fanny Garrido e a súa filla María del Adalid.
-
Pazo de Lóngora, en Liáns.
Notas
- ↑ "Necrológica. Eulalia de Liáns". La Voz de la Verdad. 14 de novembro de 1917. p. 1.
- ↑ Touriñán Morandeira, Laura (2012). "El origen de la creación artístico-musical socio-identitaria en Marcial del Adalid: la influencia intelectual femenina en su obra". Trabajos presentados en el I SMYG-CEMUSA (2012). Universidade de Salamanca Centro de Estudios de las Mujeres. pp. 48–49 – vía issuu.
- ↑ Garrido, Fanny (1887). "La situación agrícola de Galicia". Galicia. Revista Regional (1): 31–36.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fanny Garrido |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Fanny Garrido |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 170.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2005). "Garrido, Fanny". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 114-115. ISBN 84-85311-96-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 201–202. ISBN 978-84-8341-146-9.