Fedora (GNU/Linux)
Fedora (previamente Fedora Core) é unha distribución GNU/Linux desenvolvida pola comunidade do proxecto Fedora[3][4] e promovida pola compañía estadounidense Red Hat[5]. O desenvolvemento de Fedora e as aplicacións que distribúe aséntanse nas licenzas libres. Pretende ser unha distribución á vangarda na introdución de novas versións e aplicacións e na innovación.[6][7]
Fedora | |
---|---|
Desenvolvedor | Proxecto Fedora |
Familia de S.O. | Linux |
Lanzamento | 6 de novembro de 2003 |
En galego | Si |
Espazo de usuario | GNOME(predefinida) |
Modelo de desenvolvemento | Software libre |
Núcleo | Linux |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Múltiples licenzas libres (GPLv2, GPLv3, LGPLv2, LGPLv3, BSD) e algúns engadidos privativos.[1] |
Última versión estable | 29[2] outubro de 2018 |
Estado actual | En desenvolvemento |
Sitio web | fedoraproject.org |
Estímase que no 2016 Fedora tiña 1.2 millóns de usuarios,[8] entre os cales se atopa o creador do núcleo de Linux Linus Torvalds.[9][10]
Historia e características
editarOrixinalmente, Red Hat Linux foi desenvolto exclusivamente dentro de Red Hat, coa súa realimentación de informes de usuarios que recuperaban erros e contribucións aos paquetes de software incluídos e non contribucións á distribución como tal. Isto cambiou o 22 de setembro de 2003, cando Red Hat Linux derivouse dando orixe ao Proxecto Fedora, que está orientado á comunidade de usuarios e así mesmo, serve de base para que Red Hat Enterprise Linux se desenvolva con máis efectividade e adopte as novas características que se engaden no Proxecto Fedora. Os enxeñeiros de Red Hat continúan participando na construción e desenvolvemento de Fedora.[4][5]
Edicións e versións
editarRawhide e Branched: a versión continua e as estables
editarNo desenvolvemento de Fedora hai dúas fases de lanzamentos: Rawhide e Branched.[11] A primeira é unha unha versión de actualización continuas e a segunda son lanzamentos periódicos de Fedora.
Rawhide[12] é a póla de desenvolvemento de Fedora. Libérase como unha copia completa da distribución. Nela engádense e próbanse os novos cambios e engadidos antes de que sexan enviados ás versións estables. Rawhide adoita ter máis cambios, ou funcionalidades novas, que a versión estable da distribución. Pódese empregar como sistema operativo principal do día a día, mais esta versión continua está dirixida aos usuarios avanzados, ás probas ou a aqueles que manteñen paquetes de software. Rawhide adóitase actualizar día a día e a ser usada para resolver incidencias.[13] Ao ser unha versión con actualización continuas, ou "rolling release", non se precisa anovar a distribución senón ir actualizándoa continuamente.[14][15]
A fase de desenvolvemento Branched é unha fase previa ao lanzamento dunha nova versión. Unha copia de rawhide sepárase do desenvolvemento e comézase, chámaselle lanzamento e compróbase a súa estabilidade. Na fase de probas as versións de branches vanse denominando "alpha", "beta" a "GA (Final). Cando se corrixen os erros dese póla de branched, publícase como unha nova versión de Fedora. Así, a última versión, que saíu en xuño de 2017 despois de comprobar e estabilizar branched, é Fedora 26.
O soporte destas versións é curto. O ciclo de lanzamento de versións está en 6 meses e o soporte das versión de Fedora son de arredor de 13 meses, que son só unha versión entre as dúas.[16] Porén, é posible anovar Fedora á seguinte versión sen precisar dunha reinstalación.
Versión (Nóme de desenvolvemento)[17] | Lanzamento[17] | Fin do soporte[18] | Núcleo [19][20] | GNOME[19] |
---|---|---|---|---|
1 (Yarrow) | 05/11/2003 | 20/09/2004 | 2.4.22 | 2.4 |
2 (Tettnang) | 18/05/2004 | 11/04/2005 | 2.6.5 | 2.6 |
3 (Heidelberg) | 08/11/2004 | 16/01/2006 | 2.6.9 | 2.8 |
4 (Stentz) | 13/06/2005 | 07/08/2006 | 2.6.11 | 2.10 |
5 (Bordeaux) | 20/03/2006 | 02/07/2007 | 2.6.15 | 2.14 |
6 (Zod) | 24/10/2006 | 07/12/2007 | 2.6.18 | 2.16 |
7 (Moonshine) | 31/05/2007 | 13/06/2008 | 2.6.21 | 2.18 |
8 (Werewolf) | 08/11/2007 | 07/01/2009 | 2.6.23 | 2.20 |
9 (Sulphur) | 13/05/2008 | 10/07/2009 | 2.6.25 | 2.22 |
10 (Cambridge) | 25/11/2008 | 18/12/2009 | 2.6.27 | 2.24 |
11 (Leonidas) | 09/06/2009 | 25/06/2010 | 2.6.29 | 2.26 |
12 (Constantine) | 17/11/2009 | 02/11/2010 | 2.6.31 | 2.28 |
13 (Goddard) | 25/05/2010 | 24/06/2011 | 2.6.33 | 2.30 |
14 (Laughlin) | 02/11/2010 | 08/12/2011 | 2.6.35 | 2.32 |
15 (Lovelock) | 24/05/2011 | 26/06/2012 | 2.6.38 | 3.0 |
16 (Verne) | 08/11/2011 | 12/02/2013 | 3.1 | 3.2 |
17 (Beefy Miracle) | 29/05/2012 | 30/07/2013 | 3.3 | 3.4 |
18 (Spherical Cow) | 15/01/2013 | 14/01/2014 | 3.6 | 3.6 |
19 (Schrödinger's Cat) | 02/07/2013 | 06/01/2015 | 3.9 | 3.8 |
20 (Heisenbug) | 17/12/2013 | 23/06/2015 | 3.11 | 3.10 |
21 | 09/12/2014[21] | 01/12/2015 | 3.17 | 3.14 |
22 | 26/05/2015 | 19/07/2016 | 4.0 | 3.16 |
23 | 03/11/2015 | 20/12/2016 | 4.2 | 3.18 |
24 | 21/06/2016 | 08/07/2017 | 4.5 | 3.20 |
25 | 22/11/2016 | 4.8 | 3.22 | |
26 | 27/06/2017[22] | 4.11 | 3.24 | |
27 | 24/10/2017[23] |
Cor | Lenda |
---|---|
Vermello | Versión antiga xa sen soporte técnico |
Amarelo | Versión antiga aínda con soporte técnico |
Verde | Versión actual |
Azul | Próxima versión |
Edicións
editarAs principais edicións de cada versión de Fedora son:
- Fedora Workstation: é a edición máis editara para ser estable e amigable ao uso en portátiles e computadores de sobremesa. Conta con GNOME como o escritorio predefinido.[24]
- Fedora Server: é o servidor de ciclo de uso curto mantido pola comunidade e cos últimos recursos liberados para a administración de servidores.[25]
- Fedora Atomic: é a edición con reducido consumo de recursos do sistema e pensada para o uso de aplicacións "contedores", ou plataformas de virtualización (como Kubernetes, clusters Origin ou Docker)
Ademais conta con outras edicións máis específicas: Fedora Spins, Labs e ARM.
- Fedora Spins[26]: xa que GNOME é o escritorio predefinido de Fedora, libéranse as seguintes edicións dos demais escritorios alternativas xa configurados:
- KDE Plasma Desktop
- XFCE Desktop
- LXDE Desktop
- MATE-Compiz Dektop
- Cinnamon Desktop
- Sugar on a Stick (SOAS) Desktop
- Fedora Labs[27]: son as edicións para un uso específico, en edición completa de distribución ou como engadidos a unha instalación previa, en múltiples campos:
- Astronomy, para a astronomía
- Design Suite, para o deseño gráfico e multimedia
- Games, para xogos e lecer
- Jam, para a produción e reprodución musical
- Robotics Suite, para a aplicación en robótica
- Scientific, para o uso en investigación científica
- Security Lab, para a análise e corrección de erros en sistemas operativos
- Fedora ARM[28]: son versións pensadas nos microprocesadores de ARM:
- Servidores ARM de Fedora:
- Fedora Servers
- Fedora Minimal
- Fedora para escritorio: imaxes para centros multimedia ARM, quioscos, portátiles ou outros dispositivos nos que se precise unha interface gráfica.
- Fedora Workstation
- KDE Plasma, XFCE, LXDE, MATE-Compiz, Cinnamon, Sugar on a Stick
- Servidores ARM de Fedora:
Notas
editar- ↑ "Frequently Asked Questions about Fedora Licensing". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Making Fedora 30". Fedora Magazine (en inglés). 21 de xuño de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2019.
- ↑ "fedoraproject.org". Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 "History of Red Hat Linux. Fedora Project.". Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "Linux Platform. What is the relationship between Fedora and Red Hat Enterprise Linux?". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2017. Consultado o 1 de agosto de 2017.
- ↑ Spevack, Max (18 de agosto de 2006). "Fedora Project Leader Max Spevack Responds". Slashdot. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Objectives". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ Hoffman, Chris (26 de febreiro de 2016). "Fedora project leader Matthew Miller reveals what's in store for Fedora in 2016". PC World. International Data Group. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Interview with Linus Torvalds from Linux Format 163". TuxRadar. Linux Format. 29 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ Torvalds, Linus (30 de decembro de 2014). "The merge window being over, and things being calm made me think I should try upgrading to F21". Google+. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ Fedora Releases
- ↑ "Releases/Rawhide". Fedora Project.
- ↑ "Releases/Rawhide". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016.
- ↑ "FedUp". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016.
- ↑ "Fedora 23 Release Notes: 3.2.4. System Upgrades with DNF". Fedora Project. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 25 de abril de 2016.
- ↑ "Fedora Release Life Cycle". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2016.
- ↑ 17,0 17,1 "Releases/HistoricalSchedules". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "End of life". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ 19,0 19,1 "Fedora". DistroWatch. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "KernelRebases". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ Boyer, Josh (2 October 2013). "Release Name process ended". Fedora community advisory board mailing list. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Releases/26/Schedule". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Releases/27/Schedule". Fedora Project. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Fedora Workstation". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ "Fedora Server". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2017. Consultado o 25 de abril de 2017.
- ↑ Fedora Spins
- ↑ Fedora Labs
- ↑ ARM Fedora