Ferdinand Christian Baur
Ferdinand Christian Baur, nado en Fellbach o 21 de xuño de 1792 e finado en Tubinga o 2 de decembro de 1860, foi un teólogo protestante alemán, líder da escola de Tübingen de teoloxía.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de xuño de 1792 ![]() Fellbach ![]() |
Morte | 2 de decembro de 1860 ![]() Tubinga ![]() |
Lugar de sepultura | Cemitério Municipal de Tübingen (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Württemberg ![]() |
Relixión | Cristianismo ![]() |
Educación | Universidade de Tubinga Tübinger Stift (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Tubinga ![]() |
Ocupación | teólogo , profesor universitario , historiador da igrexa , escritor ![]() |
Empregador | Universidade de Tubinga ![]() |
Alumnos | Otto Pfleiderer (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en Schmiden, preto de Canstatt. Estudou no seminario de Blaubeuren e despois na Universidade de Tübingen, nun primeiro momento baixo a influencia da antiga escola de Tübingen, pero a influencia dos filósofos Immanuel Fichte e Friedrich Schelling xa se comezaba a facer notar. En 1817 volta ao seminario de Blubeuren como profesor. En 1824 publicou o seu primeiro traballo importante Symbolik und Mythologie oder die Naturreligion des Altertums ("O simbólico e a mitloxía na relixión natural dos antigos"), xa cunha forte influencia de Schelling e sobre todo de Friedrich Schleiermacher e por mor del chamárono para dar clases en Tübingen como profesor de teoloxía. Por esa época adoptou a filosofía hegeliana da historia e estudou a historia do cristianismo e das doutrinas da Biblia dende ese punto de vista, rexeitou a autenticidade de moitos libros bíblicos empregando técnicas literarias e filosóficas. En 1831 publicou Das manichäische Religionssystem ("O sistema relixioso maniqueo") e en 1835 Die christliche Gnosis ("Gnose cristiá") e Uber das Christliche im Platonismus oder Socrates und Christus ("A cristianidade no platonismo: Sócrates e Cristo") en 1837.
{{ORDENAR:Baur, Ferdinand Christian]]