Fez
Fez[1][2] (فـاس [Fās], en árabe, Fès en francés) é a terceira cidade de Marrocos, despois de Casablanca e Rabat. Segundo o censo de 2014 a cidade conta cunha poboación de 1 112 072 habitantes.
فـاس (ar) Fès (fr) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Monarquía constitucional | Marrocos | ||||
Rexión | Fez-Meknès (pt) | ||||
Prefectura | Prefectura de Fez (pt) | ||||
Capital de | Califado Idríssida (pt) Dinastía merínida Prefectura de Fez (pt) Fez-Meknès (pt) (2015–) Fez-Boulemane (pt) (–2015) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.112.072 (2014) (3.475,23 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 17.342 (2014) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 320 km² | ||||
Altitude | 408 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Califado Idríssida (pt) | ||||
Creación | 789 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Idriss Azami Al Idrissi (en) (2015–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30000–30206 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 05356 | ||||
ISO 3166-2 | MA-FES | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | portaildefes.ma | ||||
A cidade de Fez é a capital do islam en Marrocos, da rexión de Fez-Bulmán e da prefectura de Fez. Sita na rexión antigamente chamada Hispania Nova.
Xunto a Marrakech, Mequinez e Rabat conforma parte das cidades imperiais. É considerada como o centro relixioso e cultural de Marrocos. A súa universidade, famosa polo estudo do árabe e da relixión, convértena nun punto de paso para gran número de estudantes marroquís.
A cidade está dividida en tres zonas, Fez el-Bali, a zona antiga, dentro das murallas, Fès el-Jdid, a zona nova, onde está a Mellah, o barrio xudeu, e a Ville Nouvelle (Vila Nova), a zona francesa no noroeste da cidade. A medina de Fez el-Bali, a maior das dúas da cidade, é a maior zona peonil do mundo, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.
Monumentos, edificios representativos e lugares de interese
editarA medina é Patrimonio da Humanidade desde 1981.[3]
- Mesquita de El-Qaraouiyyîn
- Museo del palacio Batha
- Madraza de Bou Inania
- Mesquita de Ech-Cherabliyyîn
- Museo Nejjarîn
- Madraza de El-Attarîn
- Mesquita dos andaluces
- Madraza de Es-Sahrij
- Fortaleza Norte
- As Tumbas Merínidas
- Fez el Bali (medina medieval da cidade)
- Fez el Jedid (nova medina de Fez)
- A Mellah
Cidades irmás
editar- Montpellier (1961), (2003)
- Estrasburgo (1961)
- Florencia (1963)
- Kairouan (1965)
- Saint Louis (1979)
- Xerusalén Leste (1982)[4]
- Cracovia (1985)
- Coímbra
- Lahore (1988)
- Tlemecén (1989)
- Córdoba (1990)
- Chinguetti (1990)
- Bobo-Dioulasso (2003)
- Suwon (2003)
- Loja (2007)
- Puebla de Zaragoza (2009)
- Bigastro
- Cádiz (2009)
- Santiago de Chile (2010)
Notas
editar- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015.
- ↑ Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Unesco (1981). "Medina of Fez" (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2009.
- ↑ A irmandade entre Fez e Xerusalén (al-Quds en árabe) foi firmado coa Organización para a Liberación de Palestina. Marrocos non reconoce ao estado de Israel.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fez |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en francés)
- Fez celebra sus 1200 años, artigo de María Masquelet (en español).
- A medina de Fez-al-Bali (en inglés)
- Páxina con historia e monumentos de FezArquivado 15 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina do Festival das músicas sacras do mundo (en varias linguas).