Fideo
Os fideos (internacionalmente coñecidos coma noodles) son unha clase de pasta de fariña, en forma de fío, que se come despois de cocida[1]. Son a base dalgúns pratos tales coma os espaguetes, ou os linguine (tallaríns) italianos, ou os soba ou os udon xaponeses. O termo refírese a miúdo tanto ás pastas húmidas cociñadas, como aos fideos secos que deben ser cociñados tanto fervendo coma enchoupando na auga.
É unha das pastas máis empregadas en Galicia e das primeiras que chegaron á gastronomía galega[2]. Cos fideos fanse sopas e pratos de pasta variados con carnes, mariscos e peixes.
Historia
editarOs chineses, árabes e italianos por igual sosteñen ter sido os primeiros en ter creado esta pasta con forma de fío. Sexa como for, a primeira referencia escrita dos fideos procede do leste da Dinastía Han entre o ano 25 e 220 d.C. En outubro de 2005 descubriuse o fideo máis vello do mundo en Lajia (cultura Qijia) ao longo do río Amarelo en Qinghai, China. Determinouse que a súa antigüidade era duns 4.000 anos e que quizais se elaboraron con paínzo (Setaria italica) e millo miúdo (Panicum miliaceum).[3]
Tipos de fideos como ingrediente
editarFideos de ovo
editarEmpregados xeralmente como unha mestura de ovo e fariña:
- Fideos asiáticos de ovo, coñecidos como ba mee (บะหมี่) en tailandés, son moi comúns na China e o sueste de Asia e no Xapón.
- Pasta - Denomínase así aos fideos elaborados.
- Reshteh - Fideos de medio oeste.
Fideos de fariña
editar- Mee pok (麪薄) - son planos, fideos amarelos chiness, moi populares no sueste de Asia.
- Lamian (拉麵) - fideos estirados a man.
- Chuka men (中華麺) - "fideos chineses" en xaponés, empregados para o ramen, chanpon e yakisoba.
- Udon (うどん) - fideos grosos xaponeses.
- Sōmen (そうめん) - finísimos fideos xaponeses.
- A fideuà valenciana.
Fideos de arroz
editarOs fideos de arroz úsanse por exemplo en:
- Vermicelli de arroz - finísimos fideos de arroz, coñecidos como mǐfěn ou been hoon (米粉) ou sen mee (เส้นหมี่).
- Fideos planos de arroz, coñecidos como héfěn ou ho fun (河粉), kway teow ou sen yai (เส้นใหญ่).
Fideos de amidón
editarEstes fideos elabóranse co amidón dos garavanzos verdes ou patacas:
- Fideo celofán, coñecidos tamén como fideos de cristal, ou feixóns vermicelli. fěnsī (粉絲) en chinés, harusame (春雨) en xaponés, wun sen (วุ้นเส้น) en tailandés.
Fideos de trigo negro
editarOs fideos elaborados de farina de trigo mouro ou sarraceno (Fagopyrum esculentum) son:
- Soba (蕎麦) - fideos de trigo negro xaponeses.
- Naengmyon - Fideos coreanos elaborados de trigo negro e amidón de pataca doce (Ipomoea batatas).
Tipos de fideos
editar- Fideos fritidos - fideos elaborados de fideos cocidos en caldos de carne, moluscos ou verduras. Exemplos típicos inclúen o chow mein, mee goreng, hokkien mee, yakisoba e o pad thai.
- Sopa de fideos - os fideos sérvense en caldo de carne. Exemplos son a: sopa de fideos que se pode facer en Galicia en caldo de carne de vitela, a phở, o ramen, laksa e saimin.
- Fideos fríos - neste caso sérvense como ensalada. Un exemplo é a ensalada de fideos de cristal tailandesa yam woon sen. No Xapón, os tradicionais fideos tales como a soba e sōmen sérvense fríos con algún mollo para mollar.
- Spätzle, fideos alemáns feitos de fariña, ovo e sal. Sérvense doces ou salgados.
- Wai-Wai - Fideos da India.
- Reshteh - Fideos da cociña árabe.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fideo.
- ↑ No Tesouro Informatizado da Lingua Galega noméanse os fideos xa en textos de 1877, macarróns dende 1925 e as demais pastas italianas a partir de 1970. Os fideos nos primeros textos aparecen acompañados con coello, lacón, grelos etc.
- ↑ Oldest noodles unearthed in China, BBC News, 12 de outubro 2005