Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Flavio Honorio

emperador romano entre 393 e 423

Flavio Honorio, nado en Constantinopla o 9 de setembro de 384 e finado en Rávena o 15 de agosto de 423, foi un emperador romano.

Modelo:BiografíaFlavio Honorio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Honorius Augustus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 384 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte15 de agosto de 423 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Rávena, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteedema Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAntiga Basílica de São Pedro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Emperador romano de Occidente
23 de xaneiro de 393 (Gregoriano) – 15 de agosto de 423 (Gregoriano)
← Teodosio IValentiniano III →
Xunto con: Constâncio III (pt) Traducir
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, monarca Editar o valor en Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador romano Editar o valor en Wikidata
FamiliaTheodosian dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria (imperatriz)
Termância Editar o valor en Wikidata
PaisTeodosio I Editar o valor en Wikidata  e Aélia Flacila Editar o valor en Wikidata
IrmánsGala Placidia
Arcadio
Pulquéria Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Honorius-1 Find a Grave: 40345539 Editar o valor en Wikidata
Neste miliarense de prata Honorio é celebrado como gloria dos romanos e porta un halo.

Traxectoria

editar

Fillo de Teodosio I e maila súa primeira esposa Elia Flacila, en 393 foi nomeado augustus polo seu pai, e, antes de morrer en Milán no 395, declarouno emperador da pars occidentis do Imperio, e a seu irmán máis vello Arcadio, da pars orients. Contaban dez e dezaoito anos de idade respectivamente, polo que non asumiron persoalmente o poder. No caso de Honorio o poder exerceuno Flavio Estilicón, xeneral de orixe vándala, casado con Serena, sobriña de Teodosio.

Rexencia de Estilicón (395-408)

editar

Co tempo Honorio demostrou ser un home de carácter débil e non moi intelixente, lonxe das calidades coma gobernante de seu pai. Algúns historiadores conclúen que podería ter sufrido algún tipo de retardo mental. Sempre estivo en mans de personaxes fortes que lle foron fieis e leais. Casou dúas veces, con María e Termancia, ámbalas dúas fillas de Estilicón, pero non tivo descendencia nin estas foron nunca recoñecidas coma augustas, polo que non se teñen moedas e retratos delas.

Nestes anos prodúcense incursións masivas de continxentes xermanos en territorios do imperio. Os visigodos, despois dunha tentativa de Estilicón de vencelos en Grecia, no 398, apouséntanse nas terras da Iliria, cedidas polo emperador Arcadio. No ano 400 invaden Italia e Estilicón tarda en reaccionar dous anos, pero ao final vénceos en Pollentia (a actual Pollencia) e máis tarde en Verona, polo que Alarico, o rei dos visigodos, se retira de novo a Iliria. Pero aquel intento fracasado de Alarico tivo coma consecuencia o traslado da corte de Milán a Rávena en 402. Rávena era unha cidade máis segura debido ás súas murallas e máis os pantanos e baixos que a rodeaban. A influencia de Milán comezou deste xeito a verse minguada, así coma a do seu bispo.

Os suevos lánzanse sobre Italia a través dos Alpes. Estilicón logra detelos, pero deixando desprotexida a fronteira do Rin, pola que no 404 se lanzan os ostrogodos, mandados por Radagaiso, pero de novo Estilicón os vence. Son de novo os suevos os que penetran na Galia co seu xefe Hermenerico á fronte. Ségueno os vándalos con Gunderico e un continxente importante de alanos. Estilicón rexeitara as invasións concentrando as súas tropas dispoñibles en Italia, e desprotexendo todo o Imperio. Esta situación deu lugar a que en Britania, as tropas nomeasen emperador a quen máis tarde se denominaría Constantino III.

Este usurpador pasou coas tropas a Galia, empurrando a suevos, vándalos e alanos cara ao sur, a Hispania. Os britanos mentres tanto tíñanse que defender dos pictos e piratas saxóns como podían, e os escotos aproveitaron a ocasión para establecerse de xeito permanente en territorio britano. O usurpador Constantino nomea o seu fillo Constante augustus e envíao a Hispania para loitar contra os bárbaros, mentres el faille fronte a unha invasión dos burgundios, aos que vence e fainos os seus aliados, pero das tropas do Rin.

Mentres tanto, Estilicón organiza unha expedición cara a Galia, pero as súas tropas amotínanse, e Honorio non atopa mellor solución que ordenar a decapitación do seu mellor xeneral.

Usurpacións na Gallia e Hispania e o Saco de Roma (408-410)

editar
 
Os favoritos do Emperador Honorio, de John William Waterhouse, 1883.

A morte de Estilicón no 408 non lles gustou a moitos godos que formaban parte do exército romano, así como certas medidas antiarianas tomadas polos sucesores de Estilicón. Decenas de miles de godos uníronse a Alarico, quen aproveitou a ocasión para invadir de novo Italia, chegando ás mesmas portas de Roma. Alarico pediu terras para os godos en Italia, xa que non era consciente de que a descomposición do Imperio o facía dono e señor de Italia, pero a fama de Roma aínda pesaba moito nas conciencias dos bárbaros. Pensábase que Roma aínda era capaz de montar un exército e varrer os godos de Italia. Pero a realidade era outra, e non había medios para lles facer fronte.

A esta petición de Alarico, Honorio negouse, e Alarico cercou Roma, tentando deste xeito que Honorio cedese. Pero este estaba a salvo en Rávena, polo que se negou de novo e Alarico no 410 entra en Roma despois de que a cidade se rendese. Era a primeira vez en oitocentos anos que un exército inimigo entraba na cidade eterna. A impresión en occidente foi enorme. Pero Alarico só estivo uns días na cidade, e máis coma turista que coma vencedor. Levou, entre outros, a Gala Placidia, irmá de Honorio, coma refén, que máis tarde casaría co seu cuñado Ataúlfo. Diríxese cara ao sur, tentando de atravesar o Mediterráneo cara a África, e apoderarse de Sicilia. A frota que o tiña que transportar asolágase e vese obrigado a volver, pero colle unhas febres e morre. Os visigodos elixen o seu cuñado Ataúlfo como xefe. Este leva as tropas visigodas ao norte.

Mentres tanto, a situación no resto do Imperio degrádase. Constante, o fillo do usurpador Constantino, é asasinado en Hispania, e Máximo na provincia Tarraconense proclámase emperador. Na Galia, aparece un novo emperador, os irmáns Xovino e Sebastián, en Italia, é un emperador monicreque dos visigodos Prisco Atalo. Honorio non fai nada para tentar de solucionar a desastrosa situación que está a caer no Imperio. Pero atopa cun xeneral, Constancio, que ía deter estas graves ameazas para o Imperio Romano, unha relativa recuperación.

Ascensión e poder de Constancio (411-423)

editar

Constancio diríxese á Galia e vence a Constantino en Arlés. O hispano Máximo foxe de Hispania e se refuxia alén das raias xermanas, desaparecendo. De Xovino, quen chegara a un acordo cos visigodos para defender a terra, Ataúlfo chega a un acordo co xeneral Constancio para se dirixir a Hispania e librala dos bárbaros. Entrega a Xovino, quen é inmediatamente executado.

Os visigodos diríxense a Hispania e son conscientes entón de que se poden converter nun pobo cun reino independente. O posto de rei empeza a ser teimado por algúns, xa que pouco despois da súa chegada, Ataúlfo é asasinado. Sixerico, o seu sucesor, durou sete días, sendo logo nomeado Valia, que se dirixira a África en busca de provisións, quen de novo se dirixe a Honorio para acadar este aprovisionamento a cambio da devolución de Gala Placidia. Era o ano 416.

Morte (423)

editar

No ano 421, Constancio é elevado a categoría de augustus, pero aínda que morre pouco despois, o seu fillo chegaría a ser emperador co nome de Valentiniano III. Este fillo tívoo con Gala Placidia, casada con Constancio á súa volta de Hispania. Mentres tanto, Honorio esmorece en Rávena, onde no ano 423 morre de hidropisía.

Xuízos sobre Honorio

editar

O seu tempo estivo subliñado polas grandes invasións bárbaras, pero dentro dos anais do imperio Romano non se atopa un emperador máis desastroso. A Galia, Hispania e Britania xa nunca volverán ao Imperio. Entre as súas derradeiras decisións estivo chegar a un acordo con Valia para formar o Reino de Tolosa, que lle entregaba parte do sur da Galia a cambio de que os visigodos acabasen cos vándalos e alanos en territorio hispano. O recoñecemento por parte de Roma deste reino, acelerou dun senso irremediable o derrube do imperio Romano de Occidente.

Véxase tamén

editar
Imperio Romano

Segue a:
Teodosio I
Flavio Honorio
Precede a:
Xoán Primicerius
Imperio do Occidente