Franz Bopp
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Franz Bopp, nado en Maguncia o 14 de setembro de 1791 e finado o 23 de outubro de 1867, foi un filólogo e lingüista alemán.
A obra de Bopp
editarFoi Franz Bopp quen, polos seus traballos sobre o indoeuropeo, xustificou a lingüística comparada e quen fundou, por medio do ensino e polas súas publicacións, unha nova disciplina científica: a gramática comparada. Franz Bopp ademais probou a pertenza das linguas célticas ao indoeuropeo. Houbo que agardar aos primeiros anos do século XIX para que alemáns como Franz Bopp ou os irmáns Jacob e Wilhelm Grimm, e paralelamente, unha figura máis illada e menos coñecida, o danés Rasmus Rask, abordasen un dominio até entón case inexplorado, que aproveitan os datos que ofrecen ao observador atento as semellanzas entre as linguas denominadas clásicas (grego, latín), as linguas xermánicas, as linguas eslavas, o persa e, sobre todo, o idioma antigo da India, o sánscrito, cuxo coñecemento agora se difunde. A este conxunto engádenselle, progresivamente, as linguas célticas, as linguas bálticas, o armenio e o albanés, e logo, son coñecidas, xa no século XX, o hitita e o tocario.
Bopp foi autor dunha obra titánica, plena dun saber que pasma á maioría da xente común: a súa "Gramática comparada das linguas indoeuropeas que comprende o sánscrito, o zendo, o armenio, o grego, o latín, o lituano, o antigo eslavo, o gótico e o alemán" (1833-1849).
Rexeitou a idea de que todas as linguas procedesen do sánscrito, pensando máis ben nunha lingua común máis antiga. Prescindiu do misticismo nacionalista que pexaba en ocasións a investigación filolóxica alemá, estudando de forma moderna as linguas, por si mesmas, como obxecto e como medio de coñecemento. Por outra banda, Bopp, xuntamente con Schlegel, é autor do concepto moderno de flexión.
Entre 1821 e 1864, Franz Bopp foi profesor en Berlín de sánscrito, de literatura oriental e de lingüística xeral. Era membro correspondente do Instituto de Francia en Berlín.
Publicacións principais
editar- Über das Conjugationssystem der Sanskritsprache in Vergleichung mit jenem der griechischen, lateinischen, persischen und germanischen Sprachen, Frankfurt am Main, 1816.
- Vergleichende Grammatik des Sanskrit, Zend, Griechischen, Lateinischen, Litauischen, Gotischen und Deutschen (Gramática comparada das linguas sánscrita, zenda, grega, latina, lituana, eslava, gótica e alemá), Berlín, (1833-1849).
- Grammaticocritica linguae sanscriticae, 1829.
- Über die keltischen Sprachen, Berlin, 1839.
- Glossarium sanscritum, 1840.
- Über die Verwandtschaft der malaiisch-polynesischen Sprachen mit dem Indogermanischen, Berlín, 1841.
- Über die kaukasischen Glieder des indo-europäischen Sprachstammes, Berlín 1847
- Über die Sprache der alten Preußen, Berlín, 1853.
- Vergleichendes Accentuationssystem, Berlín, 1854.
- Über das Albanesische in seinen verwandtschaftlichen Beziehungen, Berlín, 1855.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Franz Bopp |