Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Frieiresa

Descrición da vaca frieiresa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Xénero: Bos
Especie: B. taurus

A frieiresa é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, con 947 exemplares (2022) distribuídos en 22 ganderías. É unha raza típica da provincia de Ourense.

Morfoloxía

editar

Agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara a adiante e cara a abaixo. Ten pescozo delgado, tronco longo e harmónico, dorso e lombo anchos, peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. As extremidades son de lonxitude media, asentadas, ben verticais. Os ubres teñen bo tamaño, con tetos de implantación correcta. A súa capa é castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella loira característica.

 
Boi frieirés.

Evolución da poboación

editar
Ano Femias Machos Total Ganderías
2009 536 119 655 29
2010 616 156 772 32
2011 689 166 855 33
2012 706 139 845 34
2013 634 120 754 31
2014 594 79 673 30
2015 700 89 789 28
2016 737 104 841 28
2017 786 117 903 28
2018 758 111 869 28
2019 750 133 883 26
2020 793 148 941 27
2021 792 139 931 23
2022 783 164 947 22
Gráfica de evolución demográfica da vaca frieiresa entre 2009 e 2022
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[1]
  1. "Aplicación ARCA". servicio.mapa.gob.es/arca. Consultado o 31 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar