Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Güyük Khan. Nado en 1206 e finado en 1248, fillo e sucesor de Ögödei e neto de Xenxis Kan.

Infotaula de personaGüyük
Nome orixinal(mn) ᠭᠦᠶᠦᠭ ᠬᠠᠭᠠᠨ
(mn) Гүюг хаан Editar o valor en Wikidata
Nome de templo定宗 Editar o valor en Wikidata
Nome póstumo簡平皇帝 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mn) ᠭᠦᠶ᠋ᠦᠭ Editar o valor en Wikidata
19 de marzo de 1206 Editar o valor en Wikidata
Camague Mongol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 1248 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Imperio Mongol Editar o valor en Wikidata
Khan do Imperio mongol Imperio Mongol
24 de agosto de 1246 – 1248
← Töregene Khatun (pt) Traducir, ÖgödeiMongke, Ogul Caimis (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Mongol Editar o valor en Wikidata
RelixiónTengrismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaChingissid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeWuwuerheimishi
Ogul Caimis
Naimanzhen
FillosKhoja (en) Traducir
 () Ogul Caimis (pt) Traducir
Babahaer (pt) Traducir
 ()
Khokhoo (en) Traducir
 ()
Naqu (en) Traducir
 () Ogul Caimis (pt) Traducir
Yelimishi (pt) Traducir
 () Editar o valor en Wikidata
PaisÖgödei Editar o valor en Wikidata  e Töregene Khatun (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsSürkhakhan (pt) Traducir, Godan Khan (pt) Traducir, Khadan (pt) Traducir, Mieli (pt) Traducir, Khochu (pt) Traducir, Khorachar (pt) Traducir e Khashi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Ögedei-1
Kuyuk.

Traxectoria

editar

En 1233 conquistou o reino de Dongxia limítrofe con Corea. Participou na grande invasión do Leste e Centroeuropa dirixida polo xeneral Subotai onde se enemistou con Batu Khan, fillo de Jochi, o primoxénito de Xenxis Kan. Trala rexencia da súa nai, Törgene Khatun, durante cinco anos e contra os desexos do seu pai, e unha vez neutralizada a manobra militar do irmán máis novo de Xenxis Kan, Temuge, foi elixido e entronizado por un multitudinario kurultai o 24 de agosto de 1246. Asistiron príncipes europeos, armenios, xeorxianos, representantes dos selxúcidas, e do propio Califa de Bagdad; pero faltou seu curmán Batu, que estaba consolidando un enorme poder territorial con grande autonomía nas estepas rusas coa súa Horda de Ouro. Nese kurultai estivo tamén o franciscano Xoán de Plano Carpini como embaixador do papa Inocencio IV. Este embaixador solicitoulle que detivese os ataques contra Europa e os reinos cristiáns.

Aumentou os impostos, executou a altos oficiais do anterior goberno que lle resultaron sospeitosos, expresou aos embaixadores europeos as súas pretensións de dominio mundial, autorizou operacións de saqueo en Corea e puña e quitaba reis en reinos como o de Xeorxia, que acabou dividindo, e no Sultanato de Rum. Rodeouse para os labores de goberno de cristiáns nestorianos. Organizou un gran censo nos seus dominios e fixo do reino armenio de Cilicia o seu vasalo.

Resolto a recompoñer a unidade do imperio do seu pai co fin de dominar Europa e preparar un grande ataque mortal ao Imperio Abasida, chamou ao seu encontro a Batu. Este foi advertido de que podía caer nunha trampa, polo que se achegou a Asia central co seu grande exército. Güyük fixo o propio e marchou ao seu encontro. Cando o gran choque parecía inevitable, Güyük morreu en circunstancias pouco claras, parece ser que dunha chea.

Batu conseguiu impoñer ao seu candidato Mongke, fillo de Tolui.