Galicia Confidencial
Galicia Confidencial é un xornal galego que comezou a editarse en 2003 en formato blog. Foi fundado por Xurxo Salgado. Actualmente é un dos xornais en galego de referencia, sendo un dos sitos web máis visitados en Galicia. No ano 2017, segundo a clasificación global de Alexa, Galicia Confidencial ocupaba o terceiro posto entre os xornais de Galicia, só superado polos sitios web de La Voz de Galicia e Faro de Vigo[1].
Galicia Confidencial | |
---|---|
Fundación | 2003 |
Lingua | lingua galega |
Na rede | |
http://galiciaconfidencial.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En canto ó seu financiamento, os orzamentos do xornal fornécense na meirande parte de microachegas proporcionadas polos propios lectores, así como doazóns anónimas e subscricións ao servizo Galicia Confidencial Plus, ademais de publicidade. Diversas personalidades, sobre todo políticos, colaboran semanalmente nas súas páxinas de opinión. Entre eles destacan o escritor Séchu Sende, políticos como Carlos Aymerich, Santi Domínguez ou Guillerme Vázquez (BNG), Telmo Martín (PP), Mar Barcón (PSdeG), Rafael Cuíña (CxG), ou Carlos Vázquez Padín (CXXI).[2]
Notas
editar- ↑ Galicia Confidencial. "GC é o xornal que máis crece en Internet e sitúase terceiro en Galicia, tras La Voz e Faro de Vigo". Galicia Confidencial. Consultado o 2018-11-01.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2012. Consultado o 06 de novembro de 2012.