Ardeidos
Os ardeidos[1] (Ardeidae) son unha familia de aves Pelecaniformes[2][3] que inclúe máis de 60 especies, cuxos membros máis coñecidos son as garzas (tamén comprende os abetouros e gazotas).[4] Os ardeidos hai quen os clasifica dentro da orde Ciconiiformes.
Ardeidos | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Garza branca (Egretta thula) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Distribución mundial das garzas.
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
Cochlearidae |
Son aves patilongas, e algunhas especies chegan a medir até 85 cm de alto. Xeralmente a súa plumaxe é branca, o seu peteiro amarelo e as súas longas patas grises, aínda que a plumaxe varía segundo a estación do ano. Aliméntanse de peixes, crustáceos e pequenos anfibios, e teñen como hábitat as zonas pantanosas ou próximas aos lagos de todo o mundo.
Xeralmente son aves solitarias, pero é normal velas reunidas en comunidade na época de cría. Aniñan en árbores altas, onde fan niños rudos, practicamente planos, e chegan a poñer até 6 ovos.
Taxonomía
editarOs ardeidos subdivídense en catro subfamilias e 19 xéneros, algúns discutidos:[3]
- Subfamilia Tigrisomatinae
- Tigrisoma (3 especies)
- Tigriornis
- Zonerodius
- Agamia (1 especie)
- Subfamilia Cochleariinae
- Subfamilia Botaurinae
- Zebrilus
- Ixobrychus (8 especies vivas, 1 recentemente extinta)
- Botaurus (4 especies)
- Dupetor (ás veces incluído en Ixobrychus)
- Subfamilia Ardeinae
- Gorsachius (3 a 5 especies)
- Nycticorax (2 a 4 especies vivas, 5 recentemente extintas)
- Nyctinassa
- Butorides (3 especies; ás veces incluído en Ardea)
- Ardeola (6 especies)
- Bubulcus (1 ou 2 especies; ás veces incluído en Ardea)
- Ardea (11 a 17 especies)
- Pilherodius
- Syrigma (1 especie)
- Egretta (7 a 13 especies)
-
Abetouro común
(Botaurus stellaris)
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ardeidos.
- ↑ Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
- ↑ 3,0 3,1 Peterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xuño de 2012.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Ardeidos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ardeidos |
- The Internet Bird Collection.
- Tree Of Life. Arquivado 11 de agosto de 2016 en Wayback Machine.
- Sheldon, F. H. Jones, C. E. & McCracken, K. G. (2000) Relative Patterns and Rates of Evolution in Heron Nuclear and Mitochondrial DNA. Mol. Biol. Evol. 17(3): 437–450.