Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Godofredo VI de Anjou

Godofredo VI Plantagenet, nado en Rouen o 1 de xuño de 1134 e finado en Nantes o 27 de xullo de 1158, foi conde de Anjou, do Maine e de Nantes de 1156 a 1158, fillo de Godofredo V Plantagenet e Matilda de Inglaterra (emperatriz Matilda).

Modelo:BiografíaGodofredo VI de Anjou
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1134 Editar o valor en Wikidata
Ruán, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1158 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Nantes, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNantes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde de Anjou
Count of Nantes (en) Traducir
Conde de Maine Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Plantagenet Editar o valor en Wikidata
PaisGodofredo V de Anjou Editar o valor en Wikidata  e Matilde de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
IrmánsHamelin de Warenne, Earl of Surrey
Guillaume FitzEmperesse
Henrique II de Inglaterra Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Plantagenet-31

Traxectoria

editar

No seu testamento, Godofredo V Plantagenet (m. 1151) estipulara que o seu segundo fillo, Godofredo, sería conde de Anjou e Maine se o seu fillo máis vello Henrique fose rei de Inglaterra. Mentres agardaba, recibiu os feudos dos castelos de Chinon, Loudun e Mirebeau, e Henrique foi conde de Anjou e Maine. En 1154 Henrique converteuse en rei de Inglaterra, e parece que vai obedecer o testamento paterno pero, pola contra, xa que casara con Leonor de Aquitania e os condados de Anjou e Maine partan en dúas as sas posesións: dunha parte ao sur o ducado de Aquitania co condado de Poitiers, e doutra ao norte, o ducado de Normandía (e Inglaterra ao outro lado da canle). En 1156 Henrique cedeu os condados ao seu irmán e no mesmo ano os de Naoned expulsaron o conde Hoel III da Bretaña e aclamárono como conde. O condado de Nantes incorporouse entón a Anjou (situación que persistiu ata a morte de Henrique II en 1189).

Godofredo VI morreu en Nantes o 27 de xullo de 1158 sen casar nin ter fillos. O seu irmán Henrique II, que se consideraba o seu herdeiro, recuperou o condado de Anjou (co condado anexo de Nantes) e o do Maine.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar