Gran Premio de Bahrain de 2015
O Gran Premio de Bahrain de 2015 (oficialmente coñecido como o Gulf Air Gran Premio de Fórmula 1 de Bahrain de 2015) é unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 19 de abril de 2015 no Circuíto Internacional de Bahrain de Bahrain.
Nome oficial | 2015 Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Bahrain |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015 |
Distancia do evento | 57 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional de Bahrain (Gobernación Sur) 26°01′57″N 50°30′38″L / 26.0325, 50.510555555556 |
Lonxitude | 5,412 km |
País | Bahrain |
Data | 19 de abril de 2015 |
Competición | |
Primeiro posto | Lewis Hamilton |
Pole position | Lewis Hamilton |
Volta máis rápida | Kimi Räikkönen |
Resumo
editarAntecedentes
editarHoubo tensións no equipo Mercedes antes do Gran Premio. Logo do Gran Premio da China a semana anterior, Nico Rosberg acusara ao seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton de apoiar de forma deliberada o ataque de Ferraris durante a carreira, dicindo que comprometera a súa carreira.[1] Hamilton á súa vez afirmou que Rosberg nunca estaba o suficientemente preto para atacalo, unha afirmación de que Rosberg rexeitou, dicindo que "intentou atacar".[2] O equipo reaccionou emitindo unha advertencia aos seus pilotos, que comezarían "administrar" máis as carreiras si non eran capaces de competir pensando no mellor para o equipo.[3] Logo das observacións formuladas por Hamilton dicindo que as súas negociacións de extensión de contrato ían lentas,[4] xurdiron rumores de que Hamilton pedira unha clara condición de número un no equipo, unha afirmación negada polo piloto[5] e o equipo.[6]
Pneumáticos
editarDo mesmo xeito que en 2014, Pirelli anunciou que fornecerían aos equipos co pneumático de composto medio, bandas brancas, como a selección "prime" e o composto brando, bandas amarelas, como a selección "option" para a carreira.[7]
Cualificación
editarO McLaren de Jenson Button rompeuse antes de que puidese facer un tempo de volta. Roberto Merhi e Will Stevens cualificaron o seu Manor na posición 19ª e 18ª. O Red Bull de Daniil Kvyat non logrou pasar da Q1 cualificando 17º. Pastor Maldonado estivo a piques de entrar na Q2 cun tempo máis rápido pero cualificou 16º. Max Verstappen clasificouse en 15ª posición. Fernando Alonso logrou alcanzar o posto 14 no seu McLaren. Os Sauber de Felipe Nasr e Marcus Ericsson rexistrou as posicións 13º e 12º respectivamente. Sergio Pérez foi o 11º cualificado con Force India. Na parte final da cualificación Lewis Hamilton venceu a Sebastian Vettel por 0´4 segundos na última volta da sesión. Vettel meteuse entre os Mercedes, con Nico Rosberg logrando o terceiro lugar. Kimi Räikkönen puxo o outro Ferrari no cuarto lugar. Valtteri Bottas e Felipe Massa cualificaron os seus Williams no quinto e sexto, mentres que Daniel Ricciardo logrou a sétima posición para Red Bull. Nico Hülkenberg logrou o oitavo lugar co seu Force India. Carlos Sainz clasificouse no noveno para Toro Rosso e Romain Grosjean co Lotus completaron os dez primeiros.[8]
Post cualificación
editarJenson Button debía esperar a que os comisarios lle permitiran participar na carreira, porque non fixo un tempo de volta na primeira parte da cualificación. Déronlle o permiso para iniciar a carreira en base dos seus tempos de práctica satisfactorios.[9]
Carreira
editarAntes do comezo, McLaren confirmou que non foran capaces de lograr que o coche de Jenson Button chegara a grella, xa que os datos indicaban que continuaban os seus problemas eléctricos.[10] O Williams de Felipe Massa non arrincou no inicio da volta de formación, polo que o brasileiro tivo que empezar desde o pit lane. As luces de inicio acendéronse logo dun longo atraso, debido a que Pastor Maldonado estar mal colocado na grella de saída.[11]
Cunha correcta saída, Lewis Hamilton foi capaz de manter a súa vantaxe, mentres que o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg tratou de atacar a Sebastian Vettel en segundo lugar. Isto deu a oportunidade para que o segundo Ferrari de Kimi Räikkönen adiantase polo exterior ó Mercedes e poñerse terceiro. Hamilton tratou de abrir unha brecha co fin de cubrir a súa posición, por si os Ferraris intentaban unha estratexia de entrar cedo nos boxes co fin de utilizar pneumáticos máis frescos de poñerse diante sen necesidade de adiantamentos polo bo camiño. Mentres tanto, Rosberg logrou de novo terceiro posto a Räikkönen na cuarta volta antes de facer o mesmo con Vettel no final da novena volta.
As paradas en boxes comezaron na volta once, Massa, Hülkenberg e Nasr foron os primeiros en entrar con pneumáticos novos. Hamilton lograra ampliar a súa vantaxe sobre Vettel a case 8 segundos cando o alemán foi o primeiro dos pilotos de cabeza en entrar en boxes na volta 14. A estratexia funcionou, Rosberg entrou en boxes detrás do Ferrari unha volta máis tarde. Hamilton cambiou pneumáticos outra volta máis tarde, saíndo por diante da loita de Rosberg e Vettel, co piloto de Mercedes logrando a segunda posición cun movemento do DRS no interior da curva un. Agora estaba preto detrás do seu compañeiro Hamilton, pero ao final non puido atacarlle polo liderado. Raikkonen foi o último dos catro primeiros na volta 18 cunha estratexia diferente, xa que utilizaba os pneumáticos máis duros, mentres que os Mercedes e Vettel estaban correndo a súa quenda intermedia co composto de pneumáticos máis brandos. Ata cos pneumáticos máis duros, foi capaz de acercarse aos tres primeiros. O piloto de Sauber Marcus Ericsson corría oitavo cando entrou en boxes. Pero, perdeu ao redor de 30 segundos logo dun problema cunha das rodas, e caeu ao 17º.
Felipe Massa intentou recuperar posicións logo do seu inicio desde opit lane, pero foi capturado nas batallas intermedias. Foise a boxes simultaneamente con Felipe Nasr diante e Pastor Maldonado detrás del. Unha rápida parada do equipo Lotus significou que o venezolano foi capaz de saír adiante e gañar dúas posicións. Carlos Sainz Jr. retirouse da carreira logo de saír do pit lane na volta 30, con problemas coa súa roda dianteira esquerda. O seu compañeiro en Toro Rosso Max Verstappen abandonou na volta 34 debido a un fallo eléctrico. Na volta 34, tanto Hamilton como Vettel fixeron a súa segunda e última parada planificada, ambos montaron un xogo de pneumáticos medio. A estratexia funcionoulle a Ferrari, Rosberg saíu detrás de Vettel unha volta máis tarde. Pero, Vettel saíuse na saída da última curva na volta 36, deixando pasar a Rosberg e danando o seu alerón dianteiro, o que significou que tivo que entrar en boxes para unha parada non programada na seguinte volta, deixándoo en quinta posición. O seu compañeiro de equipo Raikkonen entrou en boxes por segunda vez na volta 40, montando os pneumáticos máis brandos e máis rápidos, tratando de atrapar aos dous Mercedes cara ao final da carreira. a catorce voltas do final, o finlandés estaba a quince segundos do segundo clasificado, Rosberg, pero acortabaa máis dun segundo por volta. Cos Mercedes diante avanzaba a través dos dobrados, Räikkönen foi capaz de reducir a brecha aínda máis rápido, alcanzando a Rosberg a tres voltas do final. O alemán, que sufriu sobrequecemento dos freos durante todo o curso da carreira, quedou sen freos ao final da volta 56, o que permitiu a Räikkönen tomar o segundo posto. O outro Mercedes de Hamilton tivo problemas cos freos cara ao final, pero foi capaz de controlar a diferenza co Ferrari e lograr a súa terceira vitoria da tempada. O catro veces campión do mundo Vettel foi incapaz de superar ao William de Valtteri Bottas para ser cuarto. O outro Williams de Felipe Massa aplicara unha boa estratexia na primeira parte da carreira para recuperarse da súa saída desde o pit lane á oitava posición, pero cando os seus pneumáticos comezaron a degradarse foi adiantado por Sergio Pérez e Daniil Kvyat e terminou décimo, logrando un punto. A carreira terminou espectacularmente cando o Red Bull de Daniel Ricciardo sufriu unha explosión no motor na recta final, logrando pasar co seu coche a liña de meta.[11]
Clasificación
editarCualificación
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Q3 | Grella |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:33.928 | 1:32.669 | 1:32.571 | 1 |
2 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:34.919 | 1:33.623 | 1:32.982 | 2 |
3 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 1:34.398 | 1:33.878 | 1:33.129 | 3 |
4 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:34.568 | 1:33.540 | 1:33.227 | 4 |
5 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 1:34.161 | 1:33.897 | 1:33.381 | 5 |
6 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 1:34.448 | 1:33.551 | 1:33.744 | 6 |
7 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 1:34.691 | 1:34.403 | 1:33.832 | 7 |
8 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 1:35.653 | 1:34.613 | 1:34.450 | 8 |
9 | 55 | Carlos Sainz Jr. | Toro Rosso-Renault | 1:35.371 | 1:34.641 | 1:34.462 | 9 |
10 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Mercedes | 1:35.007 | 1:34.123 | 1:34.484 | 10 |
11 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1:35.451 | 1:34.704 | 11 | |
12 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 1:35.310 | 1:34.737 | 12 | |
13 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1:35.438 | 1:35.034 | 13 | |
14 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1:35.205 | 1:35.039 | 14 | |
15 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Renault | 1:35.611 | 1:35.103 | 15 | |
16 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Mercedes | 1:35.677 | 16 | ||
17 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-Renault | 1:35.800 | 17 | ||
18 | 28 | Will Stevens | Manor Marussia-Ferrari | 1:38.713 | 18 | ||
19 | 98 | Roberto Merhi | Manor Marussia-Ferrari | 1:39.722 | 19 | ||
107% tempo:1:40.503 | |||||||
20 | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | sen tempo | 20[12] | ||
Fonte:[13] |
Carreira
editarPos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Pts. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 57 | 1:35:05,809 | 1 | 25 |
2 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 57 | +3.380 | 4 | 18 |
3 | 6 | Nico Rosberg | Mercedes | 57 | + 6.033 | 3 | 15 |
4 | 77 | Valtteri Bottas | Williams-Mercedes | 57 | + 42.957 | 5 | 12 |
5 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 57 | + 43.989 | 2 | 10 |
6 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-Renault | 57 | + 1:01.751 | 7 | 8 |
7 | 8 | Romain Grosjean | Lotus-Mercedes | 57 | + 1:24,763 | 10 | 6 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 56 | + 1 volta | 11 | 4 |
9 | 26 | Daniil Kvyat | Red Bull-Renault | 56 | + 1 volta | 17 | 2 |
10 | 19 | Felipe Massa | Williams-Mercedes | 56 | + 1 volta | 6 | 1 |
11 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 56 | + 1 volta | 14 | |
12 | 12 | Felipe Nasr | Sauber-Ferrari | 56 | + 1 volta | 12 | |
13 | 27 | Nico Hülkenberg | Force India-Mercedes | 56 | + 1 volta | 8 | |
14 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 56 | + 1 volta | 13 | |
15 | 13 | Pastor Maldonado | Lotus-Mercedes | 56 | + 1 volta | 16 | |
16 | 28 | Will Stevens | Manor Marussia-Ferrari | 55 | + 2 voltas | 18 | |
17 | 98 | Roberto Merhi | Manor Marussia-Ferrari | 54 | + 3 voltas | 19 | |
18 | 33 | Max Verstappen | Toro Rosso-Renault | 34 | Eléctrico | 15 | |
19 | 55 | Carlos Sainz Jr. | Toro Rosso-Renault | 29 | Buxe da roda | 9 | |
NTS | 22 | Jenson Button | McLaren-Honda | 0 | Unidade de potencia | 20 |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
Notas
editar- ↑ Wood, Will (13 de abril de 2015). "Hamilton’s pace frustrates "compromised" Rosberg". F1Fanatic. Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ "Rosberg 'did try to attack' Hamilton". PlanetF1. 13 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ "Merc issue warning to feuding duo". PlanetF1. 15 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ Johnson, Daniel (9 de abril de 2015). "Chinese GP 2015: Lewis Hamilton's contract issues with Mercedes cast shadow over upcoming F1 race". The Telegraph. Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ "Hamilton refutes No 1 status claims". PlanetF1. 17 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2015. Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ Gill, Pete (17 de abril de 2015). "Lewis Hamilton denies asking for number one status at Mercedes". skysports.com. Sky Sports. Consultado o 17 de abril de 2015.
- ↑ "Pirelli reveal tyre choices for first four races". Formula1.com (Formula One Administration). 4 de marzo de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ Anderson, Ben (18 de abril de 2015). "Bahrain GP F1: Lewis Hamilton beats Sebastian Vettel to pole". autosport.com. Haymarket Media Group. Consultado o 18 de abril de 2015.
- ↑ FIA Stewards Decision — Document No. 26 (PDF). FIA.com (Informe) (Fédération Internationale de l'Automobile). 19 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de abril de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ Straw, Edd (19 de abril de 2015). "F1 Bahrain GP: Jenson Button's McLaren-Honda unable to start race". Autosport.com. Consultado o 22 de abril de 2015.
- ↑ 11,0 11,1 Butler, Michael (19 de abril de 2015). "Bahrain Grand Prix: F1 2015 – as it happened". guardian.co.uk. The Guardian. Consultado o 22 de abril de 2015.
- ↑ Jenson Button recibiu permiso dos comisarios para iniciar a carreira malia non establecer un tempo de clasificación
- ↑ "2015 Bahrain Grand Prix – Qualifying Session Preliminary Classification" (PDF). FIA.com (Fédération Internationale de l'Automobile). 18 de abril de 2015. Consultado o 18 de abril de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bahrain de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio da China de 2015 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2015 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 2015 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bahrain de 2014 |
Gran Premio de Bahrain | Carreira seguinte: Gran Premio de Bahrain de 2016 |