Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Os grovios[1] (en latín: Grovii) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico bracarense.

Localización aproximada da pobo dos Grovios na provincia romana da Gallaecia.

Historia

editar

Ocupaban a zona do val e desembocadura do río Miño, illas Cíes, Baiona e a ría de Vigo, ata a serra da Groba, entre Galicia e Portugal, con capital nun principio en Abóbriga (castro de Santa Trega) e con posterioridade en Castellum Tyde, no Conventus Bracarensis, na Gallaecia, desde a Idade de Bronce.[2]

Existen restos castrexos na cima do monte Aloia, A Guía (Randufe), Cabeza de Francos (Pazos de Reis) e en Tui. Tradicionalmente vense relacionando o seu nome co da vila do Grove, se ben isto está hoxe descartado.

As fontes antigas (Pomponio Mela, Plinio o Vello, Silio Itálico , Tolomeo,...), seguindo a tradición historiográfica de época romana, considéraos como de orixe troiana, con orixe en Diomedes, fillo de Tideo. Mela na súa obra Coreografía sitúaos nos terreos bañados polos ríos Avo (Avia), Celadus, Nebis, Minius e Oblivio (Limia), recibindo as augas do Laeros (o Lérez) e do Ulla no seu límite norte, ademais de citar a cidade de Lambriaca.

Un dos deuses coñecidos dos grovios era Turiaco, cuxo significado relaciónao con rei ou señor, en función da raíz "tor-" (relacionable cunha inscrición irlandesa que alude a "Tor í rí non tighearna").[3]

  1. Definición de bibalo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Alberro (1999), p. 65: "Grovii".
  3. Lhuyd, Edward (1707). Archaeologia Britannica (en inglés) 1. Oxford: Printed at the Theater for the Author. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar