Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

HP-UX (Hewlett Packard UniX) é unha versión de Unix desenvolvida e mantida por Hewlett-Packard (HP) desde 1983, executable tipicamente sobre procesadores HP PA RISC e nas súas últimas versións sobre Intel Itanium (arquitectura Intel de 64 bits); a pesar de estar baseada en boa parte en System V, incorpora importantes características BSD. Na actualidade a última versión do sistema operativo é a 11.23, aínda que existen numerosas instalacións de sistemas máis antigos, especialmente HP-UX 10.x ou incluso 9.x.

HP-UX
DesenvolvedorHewlett-Packard
Familia de S.O.UNIX
Modelo de desenvolvementoSoftware propietario
Última versión estable11.31.0809/11i v3 Update 4 Abril de 2009
Sitio webHP-UX 11i

HP-UX é, como a maior parte de Unixs comerciais, unha contorna de traballo flexible, potente e estable, que soporta un amplo abanico de aplicacións que van desde simples editores de texto a complicados programas de deseño gráfico ou cálculo científico, pasando por sistemas de control industrial que inclúen planificacións de tempo real.

Durante os últimos anos Hewlett-Packard, como moitos outros fabricantes, parece que se interesou bastante pola seguridade en xeral, e en concreto polos sistemas de protección para os seus sistemas; proba disto é a gama de produtos relacionados con este campo desenvolvidos para HP-UX, coma o sistema de detección de intrusos IDS/9000 para HP-UX 11.x correndo sobre máquinas HP-9000 ou a utilidade Security Patch Check, similar ó PatchDiag de Sun Microsystems. Tamén é importante destacar as grandes melloras en canto a seguridade do sistema se refire entre HP-UX 9.x, HP-UX 10.x e moi especialmente HP-UX 11.x.

Este sistema é bastante utilizado para ordenadores científicos, coma os do Centro de Supercomputación de Galicia.

Características

editar

A versión HP-UX 11i v2 pode controlar:

  • 128 procesadores (expansible a 256)
  • 1 Terabyte(TB) de memoria RAM
  • Particións do disco duro de 32 TB
  • Ficheiros de 2 TB de tamaño

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar