Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Helton Leite

futbolista brasileiro

Helton Brant Aleixo Leite, coñecido como Helton Leite, nado en Belo Horizonte o 2 de novembro de 1990, é un futbolista brasileiro que xoga de gardameta no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Modelo:BiografíaHelton Leite

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Belo Horizonte, Brasil Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2011 Boa Esporte Clube 0(0)
2011–2011 Sport Club Corinthians Paranaense 1(0)
2011–2012 Boa Esporte Clube 0(0)
2012–2013 Ipatinga Futebol Clube 23(0)
2013–2014 Criciúma Esporte Clube 11(0)
2014–2018 Botafogo de Futebol e Regatas 32(0)
2018–2018 Associação Desportiva São Caetano 11(0)
2018–2020 Boavista Sport Club 46(0)
2020–2023 Sport Lisboa e Benfica 34(0)
2023–2024 Antalyaspor 52(0)
2024–   Deportivo da Coruña 0(0)

Instagram: heltonleite77 UEFA: 250144963 Editar o valor en Wikidata

Carreira

editar

Orixe e familia

editar

Naceu en Belo Horizonte, no estado de Minas Xerais, nunha familia moi vencellada ao deporte. Seu pai é o exfutbolista e político João Leite, histórico gardameta do Atlético Mineiro que é o xogador que máis veces vestiu a camiseta do club (684 partidos), e que foi internacional coa selección do Brasil. Súa nai é a antiga xogadora de voleibol Eliana Maria Aleixo, que foi capitá da selección brasileira de voleibol e participou nos Xogos Olímpicos de 1980.[1] Tamén a súa irmá Débora foi xogadora profesional de voleibol, mentres que a xemelga desta, Daniela, competiu como ximnasta nos Xogos Olímpicos de 2008.[1]

Comezos no fútbol

editar

Aínda que nun inicio seguiu os pasos de súa nai e practicou voleibol no Minas Tênis Clube, acabou por decantarse polo fútbol, ocupando ao igual que seu pai a posición de gardameta. Formouse nas canteiras do Atlético Mineiro, América Mineiro, Goiás e Grêmio.

En 2011 fichou polo J. Malucelli de Curitiba, club co que debutou o 1 de maio, nunha derrota por 2-1 ante o Operário Ferroviário correspondente ao Campionato Paranaense. A continuación pasou brevemente polo Ituiutaba, club da Serie B brasileira que nese momento cambiou de nome a Boa Esporte e co que non chegou a debutar.[2]

En xaneiro de 2012 fichou polo Ipatinga, da mesma categoría.[3] Debutou o 1 de abril de 2012 no Campionato Mineiro e xogou o seu primeiro partido na Serie B o 7 de agosto, saíndo de titular nunha vitoria por 0-2 diante do Bragantino no estadio Nabi Abi Chedid de Bragança Paulista. Disputou un total de 24 partidos durante a campaña, na que o equipo acabou descendendo á Serie C.

Criciúma

editar

O 8 de xaneiro de 2013 incorporouse ao Criciúma, que viña de ascender á Serie A.[4] Despois de conquistar o Campionato Catarinense,[5] debutou na máxima categoría do fútbol brasileiro o 31 de xullo, xogando os 90 minutos nun empate a un gol ante o Portuguesa. Competiu polo posto con Galatto e Bruno Brígido, contabilizando un total de 11 partidos no Brasileirão, e sufriu un novo descenso.

Botafogo

editar

O 7 de xaneiro de 2014 foi presentado como novo gardameta do Botafogo.[6] Durante dous anos ocupou o papel de terceiro porteiro por detrás de Jefferson e Renan, ata que a marcha de Renan e unha lesión de Jefferson o converteu no segundo gardameta do equipo por detrás de Sidão e máis tarde de Gatito Fernández. Durante eses anos viviu un ascenso á Serie A e foi subampión do Campionato Carioca.

Para a tempada 2018 foi cedido ao São Caetano, co que foi titular no Campionato Paulista.[7]

Boavista

editar

En xuño de 2018 deu o salto ao fútbol europeo, asinando como novo xogador do Boavista, da Primeira Liga portuguesa.[8] Foi titular na maioría de partidos das dúas seguintes tempadas, por diante do seu compatriota Rafael Bracalli, e foi elixido Mellor Porteiro do campionato dos meses de xaneiro e febreiro de 2020.[9]

Benfica

editar

O 8 de agosto de 2020 asinou un contrato por cinco anos co Benfica.[10] Aínda que na súa primeira campaña disputou un total de 26 encontros, apenas contou con oportunidades a partir do verán de 2021, sendo o grego Odisseas Vlachodimos o elixido habitualmente para defender a portería das "aguias".

Antalyaspor

editar

En xaneiro de 2023 deixou Lisboa e puxo rumbo a Turquía, onde fichou polo Antalyaspor da Süper Lig. No equipo de Antalya viviu o período de máis regularidade da súa carreira, disputando 52 encontros en tempada e media.

Deportivo da Coruña

editar

En agosto de 2024 instalouse en Galicia, ao asinar un contrato co Deportivo da Coruña, club que viña de ascender á Segunda División.[11]

Palmarés

editar
Criciúma
Botafogo
  1. 1,0 1,1 Rauen, Carlos (4 de xaneiro de 2013). "Família de Helton Leite brilha no esporte" (en portugués). Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  2. "Ituiutaba, de forma oficial, já tem um novo nome: Boa Esporte Clube" (en portugués). 10 de xuño de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  3. "Ipatinga acerta a contratação do goleiro Helton Leite, do Boa Esporte" (en portugués). 19 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 8 de marzo de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  4. "Goleiros reforçam o Criciúma" (en portugués). 8 de xaneiro de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  5. Silva, Marcelo (19 de maio de 2013). "Chapecoense vence Criciúma, mas Tigre fica com o título catarinense" (en portugués). Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  6. "Goleiro Helton Leite, ex-jogador do Criciúma, é apresentado no Botafogo" (en portugués). 7 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  7. "Botafogo e São Caetano acertam ida de Helton Leite ao time paulista" (en portugués). 14 de decembro de 2017. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  8. "Helton Leite deixa o Botafogo e acerta com o Boavista, de Portugal" (en portugués). 12 de xuño de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  9. "Melhor goleiro do Português, Helton Leite defende Boavista, encara Porto e vislumbra Benfica" (en portugués). 23 de xuño de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  10. "Bem-vindo, Helton Leite!" (en portugués). 18 de agosto de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2024. 
  11. "Helton Leite completa a portería do Dépor". Deportivo da Coruña. 12 de agosto de 2024. Consultado o 13 de agosto de 2024.