Hexemonía cultural
A hexemonía cultural é un concepto da filosofía marxista que designa a dominación da sociedade, culturalmente diversa, pola clase dominante, cuxa cosmovisión —crenzas, moral, explicacións, percepcións, institucións, valores ou costumes— convértese na norma cultural aceptada e na ideoloxía dominante, válida e universal. A hexemonía cultural xustifica o status quo social, político e económico como natural e inevitable, perpetuo e beneficioso para todo o mundo, en lugar de presentalo como un construto social artificial que beneficia unicamente á clase dominante.[1][2]
Parte da serie sobre Marxismo |
Conceptos fundamentais |
Alienación |
Burguesía |
Comunismo |
Explotación |
Forzas produtivas |
Hexemonía cultural |
Loita de clases |
Materialismo dialéctico |
Materialismo histórico |
Medios de produción |
Modo de produción |
Plusvalía |
Proletariado |
Relacións de produción |
Teoría do valor-traballo |
Outras ligazóns |
Marxismo |
Economía marxista |
En filosofía e socioloxía, o termo hexemonía cultural ten connotacións derivadas da palabra grega ἡγεμονία, que indica liderado e goberno. En política, hexemonía é o método xeopolítico de dominación imperialista indirecta, no que o estado hexemónico goberna a outros estados subordinados, baixo a ameaza de intervención como un medio implícito de poder, máis que pola forza militar directa (invasión, ocupación ou anexión).[3]
A hexemonía cultural é un termo desenvolvido por Antonio Gramsci para analizar as clases sociais e a superestrutura. Propuña que as normas culturais vixentes dunha sociedade son impostas pola clase dominante (hexemonía cultural burguesa), de maneira que non deberían percibirse como naturais ou inevitables, senón recoñecidas como unha construción social artificial e como instrumentos de dominación de clase. Esta práctica sería indispensable para unha liberación política e intelectual do proletariado, reivindicando e creando a súa propia cultura de clase.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Bullock, Alan; Trombley, Stephen; Lawrie, Alf, eds. (1999). The New Fontana dictionary of modern thought (en inglés) (3ª ed.). HarperCollins Publishers. ISBN 0-00-255871-8. OCLC 45667833.
- Hassig, Ross (2006). Mexico and the Spanish Conquest (en inglés). Norman: University of Oklahoma Press. ISBN 9780806137933.
- Chernow, Barbara Ann; Vallasi, George A. (eds.). The Columbia Encyclopedia (en inglés) (5ª ed.). Columbia University Press. ISBN 9780395624388.