Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Illa Ramree (birmano: ရမ်းဗြဲကျွန်း; tamén deletreada como Rahmee Island) é unha illa da costa do estado de Rakhine, Birmania. A superficie da illa está ao redor de 1.350 km² e o centro poboado principal é Ramree.

Modelo:Xeografía físicaIlla Ramree
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaArracão, Myanmar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 19°04′N 93°50′L / 19.07, 93.83
Bañado porGolfo de Bengala Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude275 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións20 (ancho) × 79 (lonxitude) km
Superficie1.350 km² Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

A illa está separada do continente por unha estreita canle, que só ten un ancho medio de 150 m.. Hai unha ponte sobre o estreito que conecta a illa coa beira continental. O punto máis alto é Zikha Taung, un outeiro de 305 m. de alto situado preto da beira occidental na parte meridional da illa.[1]

Illas próximas

editar
  • Sagu Kyun é unha illa de 5 km de longo e 4 km de largo|adj=on}} localizada ao sur do cabo de Ramree, separada dela por un estreito de 2´4 km.
  • Magyi Kyun é un illote de 2´2 km de lalongo no extremo sur de Sagu Kyun.
  • Illa Cheduba atópase máis aló da costa, a aproximadamente a 10 km da costa suroeste da illa de Ramree.

Historia

editar

Durante a segunda guerra mundial a batalla da illa de Ramree desenvolveuse durante xaneiro e febreiro de 1945, como parte da ofensiva do 14º Exército Británico a principios de 1945 no Fronte Sur da Campaña de Birmania Ao final da batalla, os soldados xaponeses foron obrigados a entrar nos pantanos que rodean a illa, e dise que os crocodilos de auga salgada devoraron 400 (ou 980 deles, xa que só sobreviviron 20[2]) no que o Libro Guinness dos Récords considera como "o maior desastre sufrido [polos seres humanos] dos animais". Con todo, a veracidade desta historia foi discutida e os feitos suxiren que, mentres que un pequeno número de soldados xaponeses probablemente foron asasinados por crocodilos (a única mención verificable é de 10-15 homes mortos por crocodilos mentres cruzaban o arroio Min Chaung preto da cidade de Ramree), a gran maioría morreu probablemente debido a unha variedade doutras razóns incluíndo a deshidratación, o afogamento, disparos de arma británico, disentería, e quizais ata un número pequeno tamén aos tiburóns (Platt et al. 1998).

Os crocodilos de auga salgada eran aínda comúns na rexión da Illa Ramree ata a década de 1960, pero a rexión xa non sostén unha poboación viable de crocodilos, probablemente debido á caza de peles, xa principios da década de 1980 a evidencia mostraba só exemplares dispersos (Thorbjarnarson et al. 2006).

Gasoduto proposto

editar

Illa Ramree é tamén a localización dun sistema de gasoduto proposto que se construirá na costa do océano Índico ata á provincia de Yunnan na China. Desde un porto de augas profundas que se completará en Kyaukphyu no estado de Rakhine e na illae Ramree, o petróleo do Oriente Medio e o gas da costa oceánica de Birmania transportaránse a China a través de oleodutos. Os oleodutos permitirán a China depender menos do petróleo e gas transportados polos océanos a través do traizoeiro Estreito de Malaca e tamén acortará dúas semanas o posible tempo de transporte. Os honorarios do transporte do oleoduto serán unha fonte de ingresos para o goberno de Birmania, encima da venda do gas.[3] A construción comezou en 2011.[4] A sección de Myanmar do gasoduto completouse o 12 de xuño de 2013 e o gas comezou a fluír a China o 21 de outubro de 2013. O oleoduto completouse en agosto de 2014.[5]

  1. Prostar Sailing Directions 2005 India & Bay of Bengal. Enroute. National Geospatial-intelligence Agency (Feb 1, 2007). p. 168
  2. Top 10 Places You Don’t Want To Visit, 5: Ramree Island, Burma
  3. "Burmese junta profits from Chinese pipeline - Telegraph". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2008. Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  4. "Kyaukpyu to Kunming pipeline construction officially commenced", 18 de agosto de 2011, ramree.com
  5. sources and more details here.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar