Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Illas Medes

arquipélago da Costa Brava

As illas Medes (en catalán: Illes Medes) son un arquipélago da Costa Brava, a pouco máis dun quilómetro do litoral de l'Estartit, situado no mar Mediterráneo formado por unhas sete illas e algúns illotes fronte á costa de Cataluña (nordés de España). Ten unha superficie aproximada de 21,5 ha. Posúe un fondo mariño, favorecido pola súa proximidade á desembocadura do río Ter, que atrae a numerosos investigadores que o estudan cada ano facendo desta reserva marítima unha das máis importantes do Mediterráneo e a máis grande en extensión de Cataluña. A illa con máis lonxitude do grupo é a Meda Gran.

Modelo:Xeografía físicaIllas Medes
Imaxe
Tipoarquipélago Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque natural do Montgrí, as illas Medas e o Baixo Ter Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaL'Estartit, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°03′00″N 3°13′15″L / 42.05, 3.2208
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude73,8 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño900 (lonxitude) m
mínimo: 85 (ancho) m
máximo: 600 (ancho) m
Perímetro3 km Editar o valor en Wikidata
Superficie21,5 ha Editar o valor en Wikidata

As sete illas son de maior a menor extensión: la Meda Gran, la Meda Xica, el Carall Bernat, els Tascons Grossos, el Medellot, els Tascons Petits e les Ferrenelles. O arquipélago é, de feito, a continuación do macizo do Montgrí.

É un dos espazos de interese natural máis importante do Mediterráneo e unha gran reserva de fauna e flora.

Historia

editar

Os restos de naufraxios que se atoparon proban que as illas foron transitadas polo ser humano desde hai moito tempo, sendo a miúdo unha base dos piratas para as súas incursións á costa. Ata 1934 estiveron habitadas.

A protección das illas iniciouse en 1983 cunha orde da Generalitat de Cataluña. En 1985 unha resolución estableceu normas de cumprimento obrigatorio na zona vetada. En 1990, integrándose uns anos máis tarde no PEIN, promulgouse unha lei para a protección e conservación da flora e fauna do fondo mariño das illas Medes e da parte de costa do Montgrí, entre a Roca do Molinet e Punta Salines.

Fauna terrestre

editar

Con respecto á fauna terrestre, o freo que separa o arquipélago da superficie terrestre foi unha barreira infranqueable para as especies desprovistas de ás.

Hai tres especies de réptiles: a osga (Tarentola mauritanica), o lagarto (Podarcis hispanica) e a lagarta rabuda oriental (Psammodromus jeanneae, antes Psammodromus algirus); e unha de mamíferos: o rato doméstico (Mus musculus) que, en certo xeito, son animais que o ser humano introduciu.

Respecto dos alados, hai 146 especies de insectos e 60 de aves, a maioría aves mariñas. Destacan a gaivota arxéntea (Larus cachinnans), cunhas 8.000 parellas que crían desde marzo ata maio, o corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), o corvo mariño grande (Ph. aristotelis), a garzota común (Egretta garzetta), a garza denoiteira (Nycticorax nycticorax), a garza real (Ardea cinerea) etc.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar