Jamboree
Jamboree é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Beat Happening, publicado en 1988 a través dos selos K Records e Rough Trade Records. Todos os temas foron producidos por Steve Fisk coa asistencia dos membros de Screaming Trees Mark Lanegan e Gary Lee Conner (que toca un breve solo de guitarra en "Midnight a Go-Go"), agás "Cat Walk," producida por Patrick Maley, e "The This Many Boyfriends Club", gravada ao vivo por Rich Jensen. O disco marca unha aproximación máis escura ao twee pop polo cal a banda é coñecida, debido principalmente a unha produción máis turbia que está presente nas primeiras gravacións do grupo e ao dominio de temas compostos por Calvin Johnson, mentres que Heather Lewis só canta en dúas cancións, a infrecuentemente descarada "In Between" e a máis típica "Ask Me". No momento do lanzamento do disco, Johnson describiu o son de Jamboree como "escuro e sexy". Aínda así, a banda retivo o seu énfase na exuberancia sobre a musicalidade, como Bret Lunsford dixo nunha entrevista, mentres gravaba a primeira canción do álbum, "Bewitched", unha corda da guitarra atascouse nun parafuso que saía e el continuou tocando o tema, golpeando un pouco máis forte a corda ata que se desenganchou.
Jamboree | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Beat Happening | ||||
Publicado | 1988 | |||
Gravación | 1988 | |||
Duración | 23:58 | |||
Xénero(s) | indie rock, twee pop | |||
Selo(s) | K Records, Rough Trade Records | |||
Produtor | Steve Fisk, Mark Lanegan e Gary Lee Conner | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Dúas cancións de Jamboree, "Bewitched" e "Indian Summer", foron listadas como de escoita esencial no artico de 2005 de Pitchfork sobre twee pop titulado "Twee as Fuck".[1] "Indian Summer" é quizais a canción máis coñecida do grupo, xa que foi versionada con éxito pola banda de dream pop Luna, cuxo cantante, Dean Wareham, bromeou en The Shield Around the K: The Story of K Records, un documental sobre a historia do selo K Records de Johnson, dicindo que a canción era "o 'Knocking on Heaven's Door' indie-- todos a fixeron". O tema tamén foi versionado por Ben Gibbard para a banda sonora do documental Kurt Cobain: About a Son; Jamboree era un dos álbums favoritos de Cobain.[2][3][4] AllMusic dixo do álbum: "...cara corte é unha marabilla de inocencia e inxenuidade".[5]
Listaxe de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Beat Happening.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Bewitched" | 3:06 |
2. | "In Between" | 2:21 |
3. | "Indian Summer" | 3:05 |
4. | "Hangman" | 2:31 |
5. | "Jamboree" | 0:58 |
6. | "Ask Me" | 1:16 |
7. | "Crashing Through" | 1:16 |
8. | "Cat Walk" | 1:58 |
9. | "Drive Car Girl" | 2:00 |
Notas
editar- ↑ "Twee as Fuck". Pitchfork. Arquivado dende o orixinal o 24-02-2011. Consultado o 24-10-2019.
- ↑ Journals, p. 257.
- ↑ "Top 50 by Nirvana [MIXTAPE]". Joyful Noise Recordings. Archived from the original on 18-10-2014. Consultado o 24-10-2019.
- ↑ with Charles R. Cross, Gillian G. Gaar, Bob Gendron, Todd Martens, Mark Yarm, and Jim DeRogatis, Alan di Perna, Greg Kot, Andrew Earles ; with photographs by Charles Peterson, Kevin Estrada, Jay Blakesberg, Ed Sirrs, Ian Tilton, Steve Double. Nirvana : the complete illustrated history. Minneapolis, MN. ISBN 9780760345214. OCLC 827257216.
- ↑ "Jamboree - Beat Happening | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-10-24.