José Costa Alonso
sindicalista galego
José Costa Alonso, nado en Tirán (Moaña) o 10 de marzo de 1887 e finado en Moaña o 13 de decembro de 1960, foi un sindicalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1887 Tirán, España |
Morte | 13 de decembro de 1960 (73 anos) Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Traxectoria
editarPresidiu a confraría de pescadores de Moaña (1921), dirixiu a sección de asuntos sociais do Sindicato Provincial da Pesca, presidiu a Federación Galega de Pósitos Marítimos e foi inspector do Instituto Social da Mariña. Foi concelleiro de Moaña durante a ditadura de Primo de Rivera. Dirixiu o xornal Galicia Marítima. Publicou diversos artigos de pesca en Faro de Vigo e as súas memorias.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Costa Alonso, José, Santos Castroviejo, Iago e Rúa Costa, Xosé Luis (2000). José Costa Alonso, memorias da miña vida societaria. A Coruña: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. ISBN 84-453-2802-6.
- Los pósitos de pescadores: La vida del pósito de Moaña a través de las memorias de Costa Alonso, (1921-1939).Arquivado 05 de xullo de 2020 en Wayback Machine.