Leandro Carré Alvarellos
Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Leandro Carré y Alvarellos 30 de agosto de 1888 A Coruña, España |
Morte | 14 de febreiro de 1976 (87 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Outros nomes | Fabriella L. de S. |
Actividade | |
Ocupación | lexicógrafo |
Empregador | Lar |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1945–1976) Real Academia Galega (membro correspondente) (1918–1945) |
Xénero artístico | Teatro, narrativa, gramáticas e edicións |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Leandro Carré Brandariz |
Pai | Uxío Carré Aldao |
Irmáns | Gonzalo Carré Alvarellos Lois Carré Alvarellos Uxío Carré Alvarellos |
Traxectoria
editarFoi o cuarto fillo (de once irmáns) de Uxío Carré Aldao e Purificación Alvarellos Pena. Traballou na librería do seu pai e despois na litográfica La Artística. Acudiu á escola de Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez e de Eduardo Corral, mais non fixo estudos superiores porque debía axudar na economía familiar e aforrar gastos, xa que a libraría de seu pai comezara o declive.[2] En 1911 foi destinado á sucursal da fábrica no Porto. Logo de tres anos regresou á Coruña onde foi oficinista, contador e encargado de varios negocios. Foi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director na ditadura de Primo de Rivera. No ámbito teatral dirixiu os grupos de teatros dos coros Cántigas da Terra e Saudades e entre 1922 e 1926 a Escola Dramática Galega herdeira do Conservatorio Nacional de Arte Galega e fundou a editorial Lar en 1924, foi membro do Seminario de Estudos Galegos.
Durante a guerra civil española, o seu fillo Leandro Carré Brandariz faleceu en estrañas circunstancias en Asturias en maio de 1937. Carré Alvarellos foi buscalo con resultados infrutuosos, e detivérono ao volver á Coruña, polo que pasou cinco meses no cárcere.
Colaborou coa prensa emigrada e do exilio. Foi membro de número da Real Academia Galega[3], onde ingresou o 3 de marzo de 1945 coa lectura do discurso El idioma gallego en la Edad Media, respondido por Xosé Filgueira Valverde.[4] Empregou o pseudónimo de Ramón Alvariño.
Vida persoal
editarCasou con Carmen Brandariz Eiroa, e foi pai de Leandro, Ana María e Adela Carré Brandariz.
Obra en galego
editarNarrativa
editar- Amor malfadado, 1918.
- Contos e diálogos, 1918.
- Naiciña, 1925, Lar.
- A propia vida, 1925, Lar.
- O home que deu vida a un morto, 1926.
- O xornal de Mavi, 1927.
- Nos picoutos de Antoín, 1955 (escrita en 1929).
- Contos de pantasmas, 1972.
- Obra inédita e esquecida, con obras escritas en 1915 e 1972 (Alvarellos Editora, 2006)
Teatro
editar- Tolerías, 1917.
- Noite de ruada, 1918.
- Rexurdimento, 1918.
- Pra vivir ben de casados..., 1918.
- Enredos, 1919.
- O engano, 1919.
- O corazón dun pedáneo, 1921.
- Un caso compricado, 1922.
- A venganza, 1922.
- O pecado alleo, 1924.
- Almas en pena, 1957.
Gramáticas e dicionarios
editar- Compendio de gramática galega, 1919.[5]
- Diccionario galego-castelán I, 1928.
- Diccionario galego-castelán II, 1931.
- Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego, 1933, ampliado en 1972.
Edicións
editar- As lendas tradizonaes galegas (1969; Porto: Museo de Etnografia e História)[6]
Traducións
editar- Capítulos XXV e XXVI do tomo segundo do "Don Quixote de la Mancha", de Miguel de Cervantes. Real Academia Galega, 1975[7].
Obra en castelán
editarGramáticas e dicionarios
editar- Gramática gallega, 1967, Editorial Moret.
Edicións
editarGalería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da literatura galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.
- ↑ Álbum das Irmandades da Fala CCG.
- ↑ "Leandro Carré Alvarellos". Real Academia Galega.
- ↑ Carré Alvarellos, L. (1973). El idioma gallego en la Edad Media. Real Academia Galega.
- ↑ Asinado co pseudónimo de Ramón Alvariño.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ Cervantes Saavedra, M. de (1975). Dous capítulos XXV e XXVI do tomo segundo do Don Quixote de la Mancha por Miguel de Cervantes Saavedra. A Coruña: Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Leandro Carré Alvarellos |
Bibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1951). "Carré Albarellos, L.". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 230-231.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Maceira, Xosé Manuel (2014). Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso. Santiago: Alvarellos. ISBN 978-84-89323-53-7.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.
- "Carré Alvarellos, Leandro". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Carré Alvarellos, Leandro". Enciclopedia Galega Universal 4. Ir Indo. 1999-2002. pp. 484–485. ISBN 84-7680-288-9.
- "Carré Alvarellos, Leandro". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.