Leoncio Rubín de Celis
Leoncio Rubín de Celis Oroña, nado en Redondela o 12 de novembro de 1810 e finado en Madrid o 23 de novembro de 1875, foi un militar do exército español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de novembro de 1810 Redondela, España |
Morte | 23 de novembro de 1875 (65 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Traxectoria
editarIniciou a súa carreira militar no ano 1829 no rexemento provincial de Tui co rango de subtenente de milicia. Entre 1834 e 1844 combateu na guerra contra os carlistas, acadando diferentes condecoracións e ascendendo a Tenente Coronel de Estado Maior.
Durante a revolución galega de 1846 sublevou a praza de Vigo e exerceu o mando da segunda división do Exército Libertador de Galicia co que dirixiu o intento de conquistar Ourense. O cargo duroulle unicamente dez días (do 15 ó 24 de abril). No último, saíron en dirección a Soutelo de Montes, onde se decataron do fracaso de Miguel Solís na Batalla de Cacheiras e se detiveron a descansar ata a mañá do 25, cando foron cara á Estrada e Cuntis, quizais coa idea de pasar a Portugal. Á noite Rubín fuxiu co seu axudante en dirección a Vigo, para poder embarcar con destino ó estranxeiro.[1]
Retornou amnistiado a España. En 1854 foi nomeado gobernador militar da Provincia de Pontevedra e sucesivamente da de Alacant e da de Valladolid. En 1859 combateu en África nas batallas dos Castillejos, de Cabo Negro e Tetuán. No seu regreso ocupou os cargos de capitán xeneral de Estremadura (1864), Granada (1865) e Andalucía (1871).[2]
Notas
editar- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
- ↑ Isabel Sánchez, Jose Luis. "Leoncio Rubín de Celís y Oroña". Real Academia de la Historia. Consultado o 2022-02-23.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Rubín de Celis Oroña, Leoncio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 212.
- "Rubín de Celis Oroña, Leoncio". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 54. ISBN 84-7680-288-9.
- "Rubín de Celis, Leoncio". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Álvarez Blázquez, José Mª (1980). "VIII. 1843-1846. Nuevos pronunciamientos". Vigo en su historia (en castelán). Vigo: Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 407–411. ISBN 84-7231-494-4.
- Ibo Alfaro, Manuel (1860). La Corona de laurel, colección de biografías de los generales que han tomado parte en la gloriosa campaña de África (en castelán) 2. Establecimiento Literario y Tipográfico de Don Manuel Ibo Alfaro. pp. 363–369.
- Fernández Teixeiro, Manuel María (2016) [1974]. Abril de lume e ferro (Obra de teatro). Fundación Manuel María de Estudos Galegos. ISBN 978-84-944417-5-2.
- Porto, Juan do (1846). Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia (en castelán). Madrid: Imprenta de la Viuda de Burgos. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2021. Consultado o 24 de febreiro de 2022.[1]