Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Libreville é a capital do Gabón e o principal centro urbano do país. A súa poboación calculábase nuns 578.156 habitantes (2005). E tamén a capital do distrito do Estuaire.

Modelo:Xeografía políticaLibreville
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°23′24″N 9°27′16″L / 0.3901, 9.4544
PaísGabón
ProvinciaProvincia de Estuaire
DepartamentoLibreville Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación797.003 (2012) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Bañado porRío Gabón e golfo de Guinea Editar o valor en Wikidata
Altitude13 m Editar o valor en Wikidata
Creación1849 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio weblibreville.ga Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5757140

A cidade é un porto á beira do río Gabón, na súa desembocadura no golfo de Guinea.

O clima de Libreville é de tipo ecuatorial. A temperatura media anual é de 26 °C (a oscilación das maiores está entre 26 e 30 °C, mentres as máis baixas móvense entre os 22 e os 24 °C), e as precipitación alcanzan os 2.509,5 mm como media. A temporada seca comeza en maio e remata en setembro. O mes máis chuvioso é novembro con 373,4 mm, e o máis seco xullo cun 2,5 mm, como media.

Historia

editar

Foi fundada no ano 1843 como posto avanzado comercial nunha zona área naquela altura próxima dos Mpongwè. Os escravos liberados eran enviados á nacente cidade, polo que en 1848 a foi nomeada Libreville (en francés cidade libre).

Entre 1934 e 1946 foi o porto principal da África Ecuatorial Francesa.

Economía

editar

Libreville é un dos máis importantes centros do comercio de madeira (okumé especialmente) da África central. A zona industrial e portuaria atópase na periferia sur da cidade, no concello de Owendo. Acolle infraestruturas para minerais, portuarias e industriais. O porto de minerais exporta a produción de manganeso do Alto-Ogooué (Haut-Ogooué), que chegan a través do ferrocarril do Transgabonais. Para alén dos servizos centrais do Estado, a capital gabonesa agrupa numerosas actividades terciarias. En Mont-Bouët áchase o maior mercado do país con centenares de tendas de venda ao detall. Hai aínda dous grandes hipermercados, un denominado Mbolo ("bo día" nalgunhas linguas indíxenas) e o xigante Ceca.

Institucións educativas

editar

A Universidade Omar Bongo é o centro educativo superior máis importante do país. Libreville é tamén a sede da Escola de Administración e da Escola de Leis do Gabón.

Comunicacións

editar

Nas súas proximidades sitúase o Aeroporto internacional de Libreville, que acolle a sede da compañía aérea do país: Air Gabon.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar