Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Licenza Creative Commons

As licenzas de Creative Commons (CC) son licenzas de dereitos de autor que permiten aos autores e autoras establecer os criterios de distribución das súas obras, de maneira que poidan escoller os dereitos de uso que lles dan á súa obra establecer así baixo que condicións a comparten co público.

Hai moitos tipos de licenzas Creative Commons en función dos diferentes termos que se establecen na distribución das obras. Estas licenzas foron creadas no 2002 por Creative Commons, unha asociación sen animo de lucro fundada no 2001.

Obras ás que se pode aplicar

editar

Pódese aplicar a calquera obra susceptible de ter dereitos de autor: libros, xogos, filmes, música, artigos, fotografías, blogs, páxinas web. Creative Commons non recomenda o uso de Creative Commons para software.[1]

Tipos de licenzas[2]

editar
 
Atribución CC BY

Esta licenza permítelles a outros distribuír, fusionar, axustar e recrear sobre a súa obra, mesmo comercialmente, mentres que proporcionen o recoñecemento da creación orixinal. Son as licenzas máis comodamente flexíbeis. Creative Commons recoméndaa para materiais de máxima difusión e uso.

 
Atribución-Compartir igual CC BY-SA

Esta licenza permite a outros fusionar, axustar e recrear sobre a súa obra mesmo con fins comerciais, mentres lle ofrezan o seu recoñecemento e as súas novas obras teñan os mesmos termos. É dicir, é similar a anterior, so que explicita que as obras derivadas deben manter a mesma licenza.

 
Recoñecemento-Sen obra derivada CC BY-ND

Esta licenza permite a redistribución, comercial e non comercial, mentres se faga sen modificar e respectando a integridade, xunto co recoñecemento para vostede.

 
Recoñecemento-Non comercial CC BY-NC

Esta licenza permítelles a outros fusionar, e recrear sobre a súa obra non comercialmente, e malia que as novas obras deben tamén recoñecer e ser non comerciais, non teñen que licenciar as obras derivadas nos mesmos termos.

 
Atribución-Non comercial-Compartir igual CC BY-NC-SA

Esta licenza permítelles a outros fusionar, axustar e recrear sobre a súa obra non comercialmente, mentres que lle ofrecen o seu recoñecemento e licencian as súas novas obras en idénticos termos.

 
Atribución-Non comercial-Sen obra derivada CC BY-NC-ND

Esta licenza é a máis restritiva entre as principais licenzas CC, soamente permite a outros descargar as súas obra e compartilas con outro mentres lle ofreza o seu recoñecemento mais non pode cambialas de ningunha maneira nin utilizalas comercialmente.

  1. "Creative Commons FAQ: Can I use a Creative Commons license for software?" (en inglés). Consultado o 28-02-2015. 
  2. "Verbo das licenzas". Consultado o 28-02-2015.