Lingua cree
A lingua cree[3] é un continuo dialectal consistente en varios dialectos aborixes americanos pertencentes ás linguas algonquinas, faladas por 86.475 (2021) persoas no Canadá, dende Alberta até Terra Nova e Labrador. Algúns dialectos utilizan unha variantes dos alfasilabarios nativos canadenses e outros usan o alfabeto latino.
Cree Nēhiyawēwin ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Montagnais, Naskapi | |
Falado en: | Canadá e Estados Unidos de América (Montana) | |
Total de falantes: | 120.000 (censo de 2006)[1] (incluíndo montagnais–naskapi e atikamekw) | |
Familia: | Álxico Algonquino Cree | |
Escrita: | Alfabeto latino, alfasilabarios nativos canadenses | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | cr
| |
ISO 639-2: | cre | |
ISO 639-3: | cre
| |
Mapa | ||
Status | ||
Nomes
editarOs endónimos da lingua son Nēhiyawēwin ᓀᐦᐃᔭᐍᐏᐣ (cree das chairas), Nīhithawīwin (cree dos bosques), Nehirâmowin (atikamekw), Nehlueun (montagnais occidental, dialecto Piyekwâkamî), Ilnu-Aimûn (montagnais occidental, dialecto Betsiamites), Innu-Aimûn (montagnais oriental), Iyiniu-Ayamiwin (cree do sueste), Iyiyiu-Ayimiwin (cree do nordeste), e Ililîmowin (cree moose).
Notas
editar- ↑ "Statistics Canada: 2006 Census". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 01 de marzo de 2015.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definición de cree* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua cree |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua cree |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |