Lingua dinamarquesa
O dinamarqués[2] ou danés[3] é unha lingua xermánica falada principalmente na Dinamarca, en Groenlandia, nas Illas Feroe e en partes do norte da Alemaña. É tamén unha das linguas oficiais da Unión Europea. É unha lingua escandinava, bastante parecida co noruegués e o sueco — os falantes de dinamarqués, noruegués e sueco compréndense entre eles con certa facilidade.
Dinamarqués 'dansk' | ||
---|---|---|
Falado en: | Dinamarca (incluíndo Groenlandia e Illas Feroe), e na parte fronteiriza con Alemaña | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 5,5 millóns | |
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | |
Familia: | Indoeuropea Xermánica Xermánica setentrional Escandinava Escandinava oriental Dinamarqués | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Dinamarca Groenlandia Illas Feroe Unión Europea Consello Nórdico | |
Regulado por: | Dansk Sprognævn (Comité da Lingua Dinamarquesa) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | da
| |
ISO 639-2: | dan | |
ISO 639-3: | dan
| |
Mapa | ||
Status | ||
Historia
editarOs primeiros textos en dinamarqués datan de cerca de 1200 . A fins do século XIV a raíña Margareth I decidiu trocar o latín, que era a lingua administrativa, polo dinamarqués.
O dinamarqués moderno desenvolveuse a partir da lingua escrita durante o período da Reforma protestante, fortemente influenciado nos séculos XVII e XVIII polo dialecto falado polos habitantes de Copenhague, centro cultural, económico e político da nación.
A historia da lingua dinamarquesa divídese en tres períodos:
- Dinamarqués antigo (cerca de 800-1100), que corresponde en gran parte á época Viquinga;
- Dinamarqués medio (cerca de 1100-1525), que corresponde á Idade Media;
- Dinamarqués moderno (a partir de 1525), despois da Reforma ata os días actuais.
De todas as linguas escandinavas, a dinamarquesa é a que se afastou máis das súas raíces comúns escandinavas, sobre todo pola localización xeográfica de Dinamarca que forma unha ponte entre os países nórdicos e a Europa continental.
Dialectos
editarOs dialectos dinamarqueses divídense tradicionalmente en tres amplos grupos:
- Jysk (Xutlandia)
- Omál (dinamarqués insular, falados nas illas Fionia, Selandia, e nas illas menores ao sur)
- Bomholmsk (na illa de Bomholm, ao sur da Suecia).
Unha das características máis distintiva da pronuncia dinamarquesa, o stod ou oclusión glótica, cuxo uso varía dependendo da rexión, ten sido utilizada polos lingüistas para diferenciar as variantes dialectais.
Gramática
editarA orde da oración é suxeito, verbo e obxecto, aínda que, como complemento, verbo e suxeito sexan utilizados para dar énfase.
O dinamarqués moderno posúe dous casos (nominativo e xenitivo) e dous xéneros (masculino e feminino). Unha das súas características peculiares é o seu modo de articulación sonora, que tivo orixe no acento tónico. O acento tónico está sempre na primeira sílaba da palabra raíz.
O dinamarqués posúe dous xéneros: común e neutro. O artigo determinado é -en para substantivos comúns e -et para os neutros, sendo -ene a forma de plural para ambos os xéneros.
A partícula negativa é o adverbio ikke.
Os verbos son transitivos ou intransitivos, tendo voces activa e pasiva e modos indicativo e imperativo con vestixios do subxuntivo.
Vocabulario
editarAlgunhas palabras e frases comúns en dinamarqués:
- Ola - hej, goddag, dav(s)
- Adeus - farvel, hej-hej
- Onde está...? - hvor ligger...?
- ... o baño - badeværelset.
- ... o hospital - hospitalet/sygehuset.
- Fala (vostede) galego? - taler De galicisk?
- Grazas! - tak!
- De nada - tak, i lige måde/ingen årsag
- Canto custa? - hvor meget koster det?/hvad koster det?
- Si - ja ou jo
- Non - nej
Os números do un a vinte en dinamarqués son:
en to tre fire fem seks syv otte ni ti elleve tolv tretten fjorten femten seksten sytten atten nitten tyve.
Notas
editar- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dinamarqués.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para danés.
Véxase tamén
editarExiste unha versión da Wikipedia en Lingua dinamarquesa |
Vexa no Galizionario as palabras en Danés |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Dicionario Freelang Arquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine. - Dicionario danés-español/español-danés.
- Danish 101 Learn Danish online] (en inglés)
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |