Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

O fráncico[1] ou franco (en fráncico reconstruído: frenkisk),[2] era unha lingua xermánica occidental que foi falada polos francos entre os séculos V e IX.

Fráncico
Frenkisk
Falado en: Austrasia e Reino franco
Total de falantes:
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Fráncico
Escrita: alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: frk
Mapa
Status

Catacterísticas

editar

A lingua en si mesma está pobremente rexistrada, pero deu lugar a numerosos préstamos en francés antigo. O neerlandés antigo é o termo para os dialectos franconios antigos falados nos Países Baixos.

Durante a dinastía merovinxia, o fráncico tivo unha influencia significativa nas linguas romances faladas na Galia. Como resultado, moitas palabras modernas do francés e topónimos (incluíndo o nome do país, Francia) teñen orixe xermánica. Francia en alemán aínda se coñece como Frankreich, en neerlandés como Frankrijk e en dinamarqués como Frankrig. Entre os séculos V e IX, as linguas faladas polos francos salios en Bélxica e nos Países Baixos evolucionou no neerlandés antigo, mentres en Picardía e Illa de Francia foi eclipsado polo francés antigo como lingua dominante.

A lingua fráncica anterior á dinastía carolinxia está reconstruída nos préstamos conservados no francés antigo e da lingua neerlandesa antiga rexistrada entre os séculos VI e XII. Unha excepción notable é a inscrición de Bergakker, que pode representar un rexistro primario da lingua fráncica do século V.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para fráncico.
  2. Willemyns, Roland (11 de abril de 2013). Dutch: Biography of a Language (en inglés). OUP USA. p. 5. ISBN 9780199858712. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar