Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

A lingua mozárabe (do árabe musta`rab مستعرب que quere dicir "arabizado") é unha lingua extinta da Península Ibérica. O mozárabe era a evolución do latín falado nas zonas da Península Ibérica que ao mesmo tempo que os diversos romances peninsulares se separaban para dar lugar ao castelán, catalán e galego-portugués, e demais, na zona baixo dominio musulmán apareceu un conxunto de falas non moi coñecidas. Non había unidade entre eles e a diferenza doutras linguas románicas escribíase con alfabeto árabe. Coñecémolos polas "kharxas" e as "muaxahas" dos poetas andalusís que usaban retrousos mozárabes e os desenvolvementos en árabe.

Mozárabe
Latino / לטן / لتن
Falado en: Al-Andalus
Extinción: século XIII
Familia: Itálica
 Románica
  Románica occidental
   Iberorrománica
    Pirenaico-mozárabe
     Mozárabe
Escrita: alfabeto árabe, latino e hebreo
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: mxi
Mapa
Status

O mozárabe era un romance moi conservador, pois mantiña moitas características do latín vulgar que se perderon no resto das linguas peninsulares:

  • Conservación de pl-, fl- e cl- iniciais.
  • Conservación de oclusivas xordas intervocálicas p, t e k.

Mostra de mozárabe do século XI

editar
Latín: Mozárabe: Galego: Portugués: Castelán: Catalán:

O domine mi Ibrahim,
o tu, homo dulcis!
Veni mihi
nocte.
Si non, si non vis,
ibo tibi,
dic mihi ubi
te invenias.

Mio sîdî ïbrâhîm
yâ tú uemme dolge
fente mib
de nohte
in non si non keris
irey-me tib
gari-me a ob
legar-te

Meu señor Ibrahim,
ó ti, home doce!
ven onda min
de noite.
Se non, se non quixeres,
irei onda ti,
dime onde
atoparte.

Meu senhor Ibrâhim,
ó tu, homem doce!
vem a mim
de noite.
Se não, se não queres,
ir-me-ei a ti,
diz-me onde
te encontro.

Mi señor Ibrahim,
¡oh tú, hombre dulce!
vente a mí
de noche.
Si no, si no quieres,
iréme a ti,
dime a dónde
encontrarte.

El meu senyor Ibrahim,
oh tu, home dolç!
Vine't a mi
de nit.
Si no, si no vols,
aniré'm a tu,
digues-me a on
trobar-te.


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.