Lingua o'odham
O o'odham (como se lle chama comunmente a dous pobos indíxenas cuxos dialectos son practicamente idénticos: os pápagos e os pimas) é unha lingua uto-azteca falada por indíxenas do estado de Arizona, nos Estados Unidos, e Sonora, en México. Posúe uns doce mil falantes en territorio estadounidense e unhas cantas centenas no territorio mexicano, onde está considerada unha lingua en perigo de extinción. Segundo o Censo do 2000 dos Estados Unidos e outras enquisas lingüísticas, o o'odham é a sexta lingua indíxena con maior número de falantes, despois do navajo, o dakota, o iupik, o cherokee e o apache occidental.
O'odham O'odham | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Pima, pápago | |
Falado en: | Estados Unidos México | |
Rexións: | Arizona, Sonora | |
Total de falantes: | 9 600 nos Estados Unidos (2000); 161 en México (2010)[1] | |
Posición: | Non entre as 100 maiores | |
Familia: | Linguas uto-aztecas Uto-aztecas meridionais Linguas tepimanas O'odham | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | En México ten recoñecemento como lingua nacional.[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | non ten
| |
ISO 639-2: | non ten | |
ISO 639-3: | ood
| |
Mapa | ||
Status | ||
O'odham ñiok (escrito tamén O'odham ñeok) é a designación nativa desta lingua, onde ñiok é a palabra que designa lingua ou fala, mentres que o'odham é o autónimo co que se chaman a si mesmos.
Clasificación
editarSegundo o Ethnologue a clasificación do ohodham é:
- Linguas uto-aztecas
- Uto-aztecas do sur
- Linguas tepimanas
- Lingua o'odham
- Linguas tepimanas
- Uto-aztecas do sur
Status oficial
editarEsta lingua, canda todas as linguas indíxenas de México e o español foron recoñecidas como "linguas nacionais" debido á Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas promulgada e publicada no ano 2003.[2]
Fonoloxía
editarVogais
editarO pima ten cinco vogais, distinguindo ademais entre vogais longas e breves.[4]
Consoantes
editarO inventario de consoantes do o'odham inclúe:[4]
Notas
editar- ↑ INALI (2010). INALI, ed. "Lenguas indígenas en México y hablantes (de 5 años y más) al 2010" (en castelán). México. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 Honorable Congreso de la Unión (13 de marzo de 2003). "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas" (PDF). Diario Oficial de la Federación (en castelán) (México). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 23 de outubro de 2014.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Saxon, Dean (1982). "Papago" (PDF). En Langacker, Ronald W. Studies in Uto-Aztecan Grammar. Publications in Linguistics; 56 (en inglés). 3. Uto-Aztecan Grammatical Sketches. Summer Institute of Linguistics e University of Texas at Arlington. pp. 93–266. ISBN 0-88312-072-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de xuño de 2011. Consultado o 11 de xullo de 2018.
Véxase tamén
editarVexa a proba da Wikipedia en Lingua o'odham |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |