Linguas crioulas
Unha lingua crioula, chamada tamén creol ou patois, é unha lingua nada habitualmente nunha comunidade de xentes con orixes diversas que non comparten previamente ningunha lingua, que teñen necesidade de comunicarse, e que se ven forzados a valerse dun idioma que non é o de ningún deles. O resultado é unha lingua que toma o léxico (normalmente moi deformado) da lingua imposta e que así a todo ten unha sintaxe que se parece máis á doutras linguas crioulas que á da lingua "nai".
O exemplo típico é o dos obreiros (ou escravos) levados ás plantacións do Caribe dende diferentes partes do mundo que se viron obrigados a utilizar a lingua da potencia colonial (o inglés, o castelán) para comunicarse.
Crioulos de base léxica portuguesa
editar- Crioulos afro-portugueses:
- Crioulos da Alta Guinea, como o crioulo caboverdiano ou o crioulo de Guinea-Bissau.
- Crioulos do golfo de Guinea, como o forro ou o annobonense.
- Crioulos luso-asiáticos:
- Crioulos de Asia Meridional ou indo-portugueses, como o crioulo de Ceilán.
- Crioulos do Sueste Asiático ou malaio-portugueses, como o crioulo de Malaca ou kristang.
- Crioulos de Asia Oriental ou sino-portugueses, como o crioulo de Macau.
- Crioulos luso-americanos:
- Papiamento, falado en Curaçao, Aruba e Bonaire.
- Crioulos anglo-portugueses de Suriname: samaracano e pamaracano
Outras linguas crioulas
editar- Crioulo afro-semínola
- Crioulo de Belize
- Crioulo haitiano
- Crioulo palenquero
- Chavacano
- Patois xamaicano ou crioulo xamaicano.
- Shelta