Luz Casal
María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao (Boimorto) o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Luz Casal Paz 11 de novembro de 1958 (66 anos) Boimorto (España) |
Actividade | |
Ocupación | cantante, artista discográfico, compositora de cancións, produtora musical |
Período de actividade | 1977 - |
Xénero artístico | Música pop, música rock, balada, pop latino, Rock latino (pt) , Blues, pop rock e música de variedades |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Hispavox EMI Capitol Records Zafiro Virgin Music (en) |
Premios | |
| |
Páxina web | luzcasal.es |
Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. Recibiu a Medalla Castelao en 2010[1] e a Medalla de Galicia en 2023.
Traxectoria
editarEstudou piano e solfexo, ademais de recibir cursos de ballet. Fixo coros para diversos artistas, entre eles Juan Pardo, e entrou a formar parte de 'Los Fannys', un grupo de rock que interpretaba versións de temas coñecidos. Cando deixa o grupo, interésase pola ópera e comeza a estudar bel canto.
En 1982 ve a luz o seu primeiro álbum, co que comezou unha carreira de éxitos. Ten cantado maioritariamente en castelán, se ben ten feito incursións noutras linguas, entre elas o galego, co que interpretou o tema Negra sombra para un disco de Carlos Núñez. Entre as súas cancións máis coñecidas destacan temas como No me importa nada, Entre mis recuerdos, Negra Sombra ou Piensa en mí ou Un año de amor, entre outras.
Estivo retirada da música entre 1995 e 1999.
En xaneiro de 2007 diagnosticóuselle cancro de mama, do que foi operada en Madrid nese mesmo mes. En novembro de 2007, recuperada da doenza, presentou un novo traballo, titulado Vida tóxica, e onde fai referencia, entre outros temas, ao proceso da quimioterapia.
O 17 de maio de 2010 publica na súa páxina:
Me dirijo a vosotros para deciros que en mi última revisión me han detectado un cáncer en el otro seno.
O 23 e 24 de setembro de 2012 organizou en Boimorto un festival solidario chamado Festival de la Luz para recadar cartos para a Asociación Española contra o Cancro[2]. A seguinte edición foi nas datas 14 e 15 de setembro de 2013.
Discografía
editarLuz Casal vendeu en total máis de 5 millóns de discos.[3]
- El ascensor (1980), single
- Luz (1982), tamén chamado No aguanto más.
- Los ojos del gato (1984)
- Luz III (1985)
- Quiéreme aunque te duela (1987)
- Luz V (1989)
- A contraluz (1991), onde están incluídos os temas que formaron parte da banda sonora de Tacones Lejanos, o filme de Pedro Almodóvar.
- Como la flor prometida (1995)
- Pequeños y grandes éxitos (1996)
- Best of Luz Casal (1998). Presentouse unicamente no mercado francés, con cancións tamén nese idioma.
- Un mar de confianza (1999). Disco de platino.
- Con otra mirada (2002). Disco de platino.
- Sencilla alegría (2004). Disco de platino.
- Pequeños, medianos y grandes (2006), recompilatorio. Disco de platino.
- Vida tóxica (2007). Disco de ouro[4].
- La pasión (2009)
- Almas gemelas (2013)
Participou nas bandas sonoras de filmes como Tacones Lejanos, Solo Mía ou O bosque animado.
Recoñecementos
editar- 2010: Medalla Castelao.
- 2013: Premio Nacional das Músicas Actuais, do Ministerio de Educación e Cultura[5].
- 2018: Grelo de Ouro da Fundación Amigos de Galicia.[6]
- 2023: galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música.[7]
- 2023: Medalla de Galicia.[8]
Notas
editar- ↑ Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina Arquivado 28 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
- ↑ "Festival de la Luz". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012.
- ↑ El Mundo Entregan el galardon de 5 000 000 de copias vendidas a luz casal
- ↑ "Luz Casal consigue un disco de oro por 'Vida Tóxica'" Arquivado 19 de decembro de 2007 en Wayback Machine., ADN, 18 de decembro de 2007 (en castelán).
- ↑ Luz Casal, Premio Nacional das Músicas Actuais
- ↑ "A artista Luz Casal recibe o XXXI Grelo de Ouro da Fundación Amigos de Galicia". Galicia Confidencial. 5 de novembro de 2018.
- ↑ "Luz Casal recibirá en Pontevedra o galardón honorífico dos Premios Martín Códax da Música". Pontevedra Viva. 2023-05-26. Consultado o 2023-05-26.
- ↑ "Medalla da Galiza para Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez". Nós Diario. 13 de xullo de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luz Casal |