Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                
Mamut
Rango fósil: Plioceno - Holoceno

Mammuthus columbi no Page Museum, dos Ánxeles
Estado de conservación

Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Proboscidea
Familia: Elephantidae
Xénero: Mammuthus
Especie tipo
Mammuthus primigenius'
(Blumenbach, 1799 [orixinalmente Elephas])
Especies
Sinonimia
  • Archidiskodon Pohling, 1888
  • Parelephas Osborn, 1924
  • Mammonteus

Un mamut[1] (do antigo ruso маммот, hoxe мамонт) é calquera das especies do extinto xénero Mammuthus, aínda que o mamut por excelencia é o mamut laúdo, Mammuthus primigenius, de cairos longos e curvados, e do que se chegaron a atopar varios exemplares sepultados no permafrost de Siberia.

Mamut
Placa cun mamut gravado, procedente de Malta (Museo do Hermitage, san Petersburgo)

Historia e características

editar

As especies máis setentrionais, posuían unha cuberta de cabelo longo que os protexía dos fríos glaciares. Habitaban as rexións setentrionais de Europa, Asia , América do Norte e de América Central.

Os corpos de mamuts conxelados no xeo xeralmente mostran un bo grao de conservación e mesmo se alimentaron os cans dos buscadores coa súa carne. Existiron propostas de clonación de exemplares acabados de desconxelar co obxectivo de revivir esta especie.

Ademais da carne conxelada, encontráronse grandes cantidades de marfil en Siberia que foi utilizado como artigo de comercio durante moitos séculos.

É un erro común asumir que os mamuts eran criaturas moito máis grandes cós elefantes modernos, un erro que levou a utilizar a palabra mamut como adxectivo para describir algo moi grande. A especie coñecida máis grande, o Mamut Imperial de California, alcanzaba a altura de polo menos 4 metros ata a cruz (a mesma que o elefante africano máis grande coñecido). Porén, a maioría das especies de mamuts eran do tamaño do elefante moderno da India, e atopáronse fósiles de mamuts ananos na illa de Wrangel, ó leste da costa de Siberia. Os mamuts desapareceron de Europa hai 12.000 anos e un milenio despois fixérono en América do Norte. Hai 10.000 extinguiuse en Siberia, quedando só a poboación anana de Wrangel, que persistiu até arredor do ano 2.000 a.C. ou mesmo menos.

Os mamuts diverxeron dos elefantes asiáticos trala división dos elefantes africanos, o que significa que os mamuts estaban máis emparentados co elefante asiático que este último co elefante africano. Dado que hai un caso de entrecruzamento exitoso entre un elefante asiático e un africano, especúlase que se os mamuts existisen na actualidade, poderían entrecruzarse cos elefantes asiáticos aínda máis facilmente e esta especulación levou á idea de recrear a esta especie tomando seme conxelado de mamut e usándoo para fecundar unha elefanta. Ulteriores cruzamentos irían eliminando os caracteres propios do elefante asiático ata chegar a un mamut totalmente "reconstruído". Porén, até o momento no se atopou seme suficientemente intacto como para iniciar o experimento.

Os científicos continúan debatendo se os mamuts se extinguiron por factores climáticos ou por unha matanza levada a cabo por humanos.

Galicia

editar

O único fósil de mamut descuberto en Galicia foi atopado no concello do Incio, o 2 de maio de 1961. Os restos atopáronse na localidade de Buxán, e foron estudados polos estudosos Isidro Parga Pondal, Uxío Torre Enciso e Emiliano Aguirre. Parga Pondal cedeu os restos ó museo de historia natural Luis Iglesias, da Universidade de Santiago de Compostela, que é quen ten a custodia.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mamut.
  2. Rueda, Carlos (14 de novembro de 2013). "En la tumba olvidada del único mamut de Galicia". La Voz de Galicia. Consultado o 25 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar