Manresa
Manresa é unha cidade catalá da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Bages, da que é capital. Está situada no centro de Cataluña, a uns 60 km da cidade de Barcelona, marcando límite entre unha contorna industrial ao sur, e rural ao norte.
Manresa (es) Manresa (ca) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Comarca | Bages | ||||
Capital de | |||||
Capital | Manresa (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 78.877 (2023) (1.896,08 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 353 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 41,6 km² | ||||
Bañado por | Río Cardener, Río Llobregat, Riera de Rajadell (en) e Sèquia de Manresa (en) | ||||
Altitude | 238 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Asunción de María | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Marc Aloy i Guàrdia (2020–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08241, 08242 e 08243 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08113 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081136 | ||||
Sitio web | manresa.cat | ||||
Está situada nun ángulo no que uns quilómetros máis ao sur, confluirán os ríos Llobregat e Cardener. É un importante nó de comunicacións, en especial co Eixe do Llobregat e o Eixe Transversal.
Manresa ten industrias de tecidos, fiados, química, maquinaria. Nas últimas décadas substituíu a industria polo comercio. É unha cidade cun interesante conxunto medieval, coas súas pontes sobre o río Cardener e a súa igrexa de estilo gótico (chamada Seo, en catalán Seu). Ademais tamén podemos atopar igrexas de estilo barroco así como interesantes edificacións modernistas.
Xeografía
editarManresa está situada no centro de Cataluña. O río Cardener pasa polo suroeste da cidade, con todo o municipio utiliza, para beber, a auga do río Llobregat, que pasa polo límite leste do termo. A auga é recollida ao seu paso por Balsareny e transportada a Manresa por unha canle ata o Parque de l'Agulla.
A orografía urbana está claramente marcada pola existencia de varios cerros (Puigcardener, Puigmercadal, Puigterrà, Puigberenguer e Tossal dels Cigalons).
O territorio, dentro da conca de erosión do centro da comarca, está rodeado por unha serie de cerros marxinais de pouca elevación (Collbaix, 544 msnm; Bufalvent, 387 msnm; Montlleó, 361 msnm).
Demografía
editar1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2006 |
---|---|---|---|---|---|---|
23.252 | 32.151 | 40.452 | 57.846 | 67.014 | 63.742 | 71.772 |
Economía
editarJosep Pla escribiu: Manresa as fábricas confúndense cos conventos, e os conventos coas fábricas. Ambas as cousas xa forman parte da historia.
A pesar de que as actividades industriais e servizos son os máis destacables, o sector primario non está totalmente marxinado. O regadío, que aproveita a auga da histórica canle de Manresa, dedícase, especialmente, ás verduras, legumes e froita, como tamén aos cereais, trigo, millo, patacas e forraxe. No secaño predominan os cereais e a forraxe. A gandería céntrase, especialmente, na produción do porco e bovino. A tradición industrial remóntase aos séculos medievais.
O sector terciario é moi importante, como corresponde a unha capital de comarca das súas dimensións.
A súa condición de núcleo radial de vías de comunicación é un factor relevante na actividade comercial de Manresa.
Lugares de interese
editar- A ruta Medieval:
- Colegiata Basílica de Santa María (La Seu)
- El Pont Vell
- El Pont Nou
- Rúa del Balç
- A Muralla
- A Cova de Sant Ignasi de Loiola
- O Museo Comarcal
- A ruta Barroca:
- O Palacio de Xustiza
- O Concello
- Ca l'Oller
- A Capela do Rapte
- A Capela de Sant Ignasi Malalt
- A ruta Modernista;
- Cal Jorba
- O Casino de Manresa
- Casa Lluvià
- Casa Torrents (La Buresa)
- Convento de Santa Clara
- Museo da Técnica
Galería de imaxes
editar-
A Seu desde a rúa Bastardes
-
Ponte nova
-
Restos da fábrica dos Panyos
-
Interior da Seu
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manresa |