Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Maria Gripe

escritora de literatura infantil sueca

Maria Gripe, nada como Maja Stina Walter en Vaxholm o 25 de xullo de 1923 e finada en Rönninge o 5 de abril de 2007, foi unha escritora sueca de literatura infantil e xuvenil.

Modelo:BiografíaMaria Gripe

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1923 Editar o valor en Wikidata
Vaxholm, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 2007 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Rönninge, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Estocolmo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, guionista, escritora de literatura infantil, autora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1954 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeHarald Gripe Editar o valor en Wikidata
FillosCamilla Gripe Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) Traducir
Iedereen Leest (en) Traducir
ProDetLit (en) Traducir >>>:Грипе Мария, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0342505 BNE: XX883605 Bitraga: 390 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Filla dun escritor, casou co pintor e ilustrador Harald Gripe, que a animou a escribir e máis tarde había de ilustrar moitos dos seus contos, foi autora de preto de 40 libros, traducidos a 29 idiomas; concedéronlle a medalla Andersen no 1974, considerada o equivalente do Premio Nobel para escritores de literatura infantil. A propia María Gripe contaba que comezou escribir aos 12 anos en que redactou unha novela de cabalarías. Con todo, non o fixo de xeito profesional ata que a súa filla tivo sete anos. Para ela escribira o relato I var lilla stad (Na nosa pequena cidade), que foi a súa primeira obra, publicada en 1954.

Acadou o seu primeiro grande éxito con Hugo och Josefin pero, sen dúbida, o que lle deu definitivamente sona internacional foi a serie protagonizada polo mozo Elvis Karlsson, un dos grandes retratos de neno (e mozo, porque a serie acompaña ao pequeno Elvis ata a adolescencia) da historia da literatura universal. A súa novela de misterio Os escaravellos voan á tardiña foi traducida ao galego polo escritor Carlos Casares.