Location via proxy:   [ UP ]  
[Report a bug]   [Manage cookies]                

Marie Under

poetisa estoniana

Marie Under, nada en Talín o 27 de marzo 1883 e finada en Estocolmo o 25 de setembro 1980, foi unha poetisa estoniana.

Modelo:BiografíaMarie Under

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1883 Editar o valor en Wikidata
Talín, Estonia Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSkogskyrkogården Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, escritora, tradutora, arquiveira, xornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeArtur Adson (1924–1977), morte do cónxuxe
Carl Hacker (1902–1924) Editar o valor en Wikidata
FillosDagmar Stock
 () Carl Hacker
Hedda Hacker
 () Carl Hacker Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 55d55082-629b-4f05-baed-663e3a53be27 Discogs: 550431 WikiTree: Under-2 Editar o valor en Wikidata
Marie Under en 1903.

Infancia e educación

editar

Na súa xuventude, Under estudou nunha escola alemá para rapazas. Tralo seu grao, traballou como vendedora nunha librería. No seu tempo libre, escribía poesía en alemán. En 1902, casou con Carl Hacker, un contable estoniano. A parella tivo dous fillos e viviu en Kutshino, arrabalde de Moscova. Porén, en 1904, namorouse do artista estoniano Ants Laikmaa. Laikmaa foi quen a convenceu para que traducise as súas poesías á lingua estoniana, enviándoas posteriormente para seren publicadas en xornais locais.

Volta a Estonia

editar

En 1906, Under volveu a Talín. En 1913, coñeceu a Artur Adson, quen se converteu no seu secretario. El foi quen recompilou por primeira vez as súas escolmas de poemas e as publicou nunha serie de volumes. En 1924, Under divorciouse de Carl Hacker e casou con Adson.

Emigración

editar

A comezos do mes de setembro de 1944, a URSS ocupou a Estonia independente. Under e a súa familia víronse obrigados a emigraren a Suecia. Alá, pasaron preto dun ano nun campo de refuxiados. Un ano despois, en 1945, a familia mudouse a Mälarhöjden, suburbio de Estocolmo, Suecia, onde Under viviu ata a súa morte, o 25 de setembro de 1980. A escritora atópase soterrada no cemiterio de Estocolmo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • Kiin, Sirje (2000). "Marie Under". ELM: Estonian Literary Magazine (en inglés) (11). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2002. Consultado o 28 de maio de 2008.