Matrix
Matrix (en inglés: The Matrix) é un filme de ciencia ficción escrito e dirixido por Lana e Lilly Wachowski e protagonizado por Keanu Reeves, Laurence Fishburne, Carrie-Anne Moss e Hugo Weaving. Foi estreado nos Estados Unidos o 31 de marzo de 1999 e foi o primeiro da triloxía de Matrix e dunha serie de videoxogos, curtas animadas e bandas deseñadas. O filme gañou 4 Premios Oscar incluíndo a mellor montaxe, mellor son, mellor edición de son e mellores efectos visuais.
Matrix | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Matrix |
Director | Lana Wachowski Lily Wachowski |
Produtor | Joel Silver Lana Wachowski Lily Wachowski |
Guión | Lana Wachowski Lily Wachowski |
Intérpretes | Keanu Reeves Laurence Fishburne Carrie-Anne Moss Hugo Weaving Joe Pantoliano Gloria Foster Marcus Chong Matt Doran Belinda McClory Julian Arahanga Anthony Ray Parker |
Música | Don Davis |
Fotografía | Bill Pope |
Montaxe | Zach Staenberg |
Estudio | Village Roadshow Pictures Silver Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 31 de marzo de 1999 22 de marzo de 2008 (TVG) |
Duración | 136 minutos |
Orixe | Estados Unidos Australia |
Xénero | Acción |
Orzamento | $63 000 000[1] |
Recadación | $463 517 383 |
Filme seguinte | Matrix Reloaded |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/movies/matrix | |
Neste filme fíxose popular o "bullet time" (tempo bala), técnica que consiste en aparentar que se conxela a acción mentres a cámara segue movéndose arredor da escena. O efecto visual conséguese empregando múltiples cámaras que gravan a acción dende distintas posicións a unha cantidade elevada de fotogramas por segundo. Posteriormente intercálanse os fotogramas de cada unha das cámaras. Está categorizada como unha película de Cine Geek.
Estreouse en galego na TVG o 22 de marzo de 2008.[2]
Sinopse
editarThomas A. Anderson (Keanu Reeves) de día é programador informático e polas noites un hacker que utiliza o alcume de Neo. Pasase a vida buscando a unha persoa, Morfeo, (Laurence Fishburne), e a resposta a unha pregunta: «Que é Matrix?»
Morfeo e os seus, ó decatarse de que os seus inimigos están buscando a Neo, deciden entrar en contacto con el. Outra hacker, Trinity (Carrie-Anne Moss), condúceo ata Morfeo e a resposta que busca. Pero para obtela debe renunciar á súa vida anterior e a todo o que coñeceu ata entón. Acepta e traga unha pílula vermella, en vez doutra azul que suporía quedar como estaba.
Neo descobre que o mundo no que cría vivir non é máis ca unha simulación virtual á que se atopa conectado mediante un cable enchufado no seu cerebro. Os miles de millóns de persoas que viven conectadas ó seu arredor, están sendo cultivadas do mesmo modo para poder dar enerxía ás máquinas. Esta ilusión colectiva (ou simulación interactiva) é coñecida como Matrix.
O grupo de rebeldes do mundo real que lidera Morfeo rescata a Neo da colleita de persoas onde se atopaba preso, e Morfeo explícalle en que consiste a realidade: atópanse presto do ano 2199 e a humanidade está escravizada polas máquinas, que tralo desenvolvemento da Intelixencia artificial (IA) se rebelaron contra a humanidade. Debido a que os seres humanos deterioraron o ceo (privando ás máquinas da enerxía solar que necesitaban), agora empregan á especie humana como fonte de enerxía (cultivándoos en grandes campos, onde son resgardados en cámaras). (Véxase The Second Renaissance de Animatrix para unha explicación máis detallada).
Morfeo cóntalle tamén a Neo que cre que el é o elixido. Este elixido, segundo a profecía, será o encargado de liberar a humanidade da escravitude á que está sometida. Ademais, será quen de cambiar Matrix á súa vontade e dar a vitoria ós humanos. Estes teñen a súa base en Sión (cidade subterránea bastión da resistencia humana).
O mundo virtual de Matrix convértese no campo de batalla onde Neo ten que combater contra os axentes de Matrix, que son uns programas en forma humana capaces de posuír a calquera habitante de Matrix que a resistencia non liberara, e en particular contra o temible axente Smith (Hugo Weaving). Estes intentan impedir que os rebeldes rescaten ás persoas que están conectadas, xa que están programados para capturar a calquera intruso que altere a realidade de Matrix. Neste mundo virtual, os seres humanos que son conscientes da verdadeira esencia do que lles rodea, son capaces de desafiar parcialmente as leis físicas e realizar fazañas asombrosas.
Personaxes
editar- Keanu Reeves como Thomas A. Anderson/Neo: Un programador de ordenadores da Corporación Metacortex cuxo nome de hacker é Neo.
- Laurence Fishburne como Morpheus.
- Carrie-Anne Moss como Trinity.
- Hugo Weaving como Axente Smith.
- Joe Pantoliano como Cypher.
- Julian Arahanga como Apoc.
- Anthony Ray Parker como Dozer.
- Marcus Chong como Tank.
- Matt Doran como Mouse.
- Gloria Foster como O Oráculo.
- Belinda McClory como Switch.
- Paul Goddard como Axente Brown.
- Robert Taylor as Axente Jones.
Galardóns e nomeamentos
editarNotas
editar- ↑ BoxOfficeMojo
- ↑ "Matrix na TVG". Diario Siglo XXI. 21 de marzo de 2008. Consultado o 20 de abril de 2013.[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matrix |
A Galicitas posúe citas sobre: Matrix |
Ligazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Web Oficial (en inglés)