Merytneit
Merytneit ou Merneit foi unha raíña da Primeira Dinastía (ca. 2927 a.C.). É posible que gobernase Exipto por dereito propio, segundo varios rexistros oficiais. Se for así, ela (e nun caso similar, a esposa real anterior, Neithhotep) serían as primeiras mulleres faraón de Exipto e as primeiras raíñas gobernantes na historia rexistrada. O seu goberno tivo lugar ao redor do 2950 a.C.[1] durante un período non determinado. O nome de Merneith significa "Amado por Neith" e a súa estela contén símbolos desa antiga deidade exipcia. Quizais fose filla de Djer e probablemente fose a primeira esposa real de Djet. O primeiro querería dicir que sería a bisneta do primeiro faraón unificado de Exipto, Narmer. Tamén foi a nai de Den,[2] o seu sucesor.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XXX a. C. |
Morte | século XXX a. C. |
Lugar de sepultura | Abidos |
Faraón | |
Actividade | |
Ocupación | raíña |
Outro | |
Título | Faraón Raíña |
Familia | Primeira dinastía de Exipto |
Cónxuxe | Djet |
Fillos | Den |
Pai | Djer |
Familia
editarMerneith está relacionada cos faraóns Djer, Djet e Den nunha variedade de impresións de selos e cuncas inscritas. Merneith pode ser a filla de Djer, pero non hai probas concluíntes. Como nai de Den, é probable que Merneith fose a muller de Djet. Non se atopou información sobre a identidade da súa nai.[3][4]
Un selo de arxila atopado na tumba do seu fillo Den foi gravada con "Madre do rei, Merneith".[2] Tamén se sabe que o pai de Den era Djet, polo que é probable que Merneith fose a esposa real de Djet.
Biografía
editarCrese que Merneith se converteu en gobernante á morte de Djet. Porén, debátese o título que ostentou. É posible que o seu fillo Den fose demasiado novo para gobernar cando morreu Djet, polo que puido gobernar como rexente ata que Den tivese a idade para ser faraón por si mesmo. Antes dela, crese que Neithhotep gobernou do mesmo xeito despois de que o seu marido o faraón Narmer falecese, xa que o fillo de Narmer era demasiado novo para gobernar. O seu nome figuraba nun selo de Naqada dentro dun serekh, que era o xeito en que se escribían os nomes dos faraóns. Isto significaría que Merneith podería ser a segunda muller da primeira dinastía de Exipto en gobernar como faraoa.
A proba máis forte de que Merneith foi gobernante de Exipto é a súa tumba. Situada en Abidos (Tumba Y), é única entre as tumbas exclusivamente masculinas. Merneith foi enterrada preto de Djet e Den. A súa tumba ten a mesma escala que as dos faraóns daquel período. Preto dela descubríronse dúas estelas sepulcrales que levaban o seu nome. O nome de Merneith non está incluído nas listas de faraóns do Imperio Novo de Exipto. Un selo que contiña unha lista de faraóns da primeira dinastía atopouse na tumba de Qaa, o terceiro faraón coñecido logo de Den, o seu fillo. Porén, esta lista non menciona o reinado de Merneith. [4]
Existen algunhas outras probas sobre Merneith noutros lugares:
- O nome de Merneith aparece nun selo que se atopa na tumba do seu fillo, Den. O selo inclúea nunha lista dos primeiros faraóns da dinastía. O de Merneith era o único nome dunha muller incluída na lista. Todos os nomes da lista son os nome Horus dos faraóns. Con todo, o nome de Merneith vai acompañado do título "Nai do Faraón".
- O nome de Merneith pode estar incluído na Pedra de Palermo.[4]
- En elementos da gran mastaba (nº 3503, 16 x 42 m) en Saqqara, atopouse o seu nome nas inscricións en vasos de pedra, tarros, así como nas impresións de selos. En concreto, hai un selo de Saqqara que mostra o nome de Merneith nun serekh. [4]
- O chamado Recinto Merneith é un grupo de tumbas do cemiterio de Shunet el-Zebib. Estas datan da época de Merneith.[5]
- O nome de Merneith atopouse en obxectos da tumba do faraón Djer en Umm el-Qa'ab.
Tumbas en Abidos e Saqqara
editarEn Abidos, a tumba pertencente a Merneith atopouse nunha zona asociada a outros faraóns da I dinastía, Umm el-Qa'ab. No lugar atopáronse dúas estelas de pedra que identifican a tumba.
En 1900 Flinders Petrie descubriu a tumba de Merneith e, pola súa natureza, creu que pertencía a un faraón antes descoñecido. A tumba foi escavada e mostrou unha gran cámara subterránea forrada de ladrillos de barro. Estaba rodeada por filas de pequenos enterramentos satélites, con polo menos 40 tumbas subsidiarias para os servos.[4][6]
Pensábase que os servos axudaban ao gobernante na outra vida. O enterro de servos cun gobernante era unha práctica constante nas tumbas dos faraóns da I dinastía. Tamén se enterraron no complexo sepulcral unha gran cantidade de bens sacrificiais (outro honor concedido aos faraóns), que proporcionaban ao gobernante animais poderosos para a vida eterna. Este complexo de enterramentos da I dinastía foi moi importante na tradición relixiosa exipcia e a súa importancia creceu a medida que durou a cultura.
Os arqueólogos descubriron no interior da súa tumba unha barca solar[7] que lle permitiría viaxar coa divindade do sol no alén.
Abidos foi o sitio de moitos templos antigos, incluída Umm el-Qa'ab, a necrópole real, onde se enterraron os primeiros faraóns.[8] Estas tumbas comezaron a verse como enterramentos extremadamente significativos e en épocas posteriores fíxose desexable ser enterrado na zona. Ese feito levou ao crecemento da importancia da cidade como lugar de culto.
En Saqqara a tumba de Merneith presenta características que posiblemente mostran os construtores da III Dinastía. Oculto dentro da fachada rectangular normal do palacio mastaba da tumba de Merneith en Saqqara está a base dunha estrutura escalonada, unha xustaposición de dous métodos de construción diferentes. Quizais é indicativo da fusión de estilos do norte e do sur que foi o que levou, en definitiva, á Pirámide escalonada de Djoser, ou influíu no deseño da estrutura da III Dinastía.[9]
Notas
editar- Referencias
- ↑ Teeter, Emily (ed.). Before the Pyramids, The Origins of Egyptian Civilization. The Oriental Institute of the University of Chicago, 2011, p. 207
- ↑ 2,0 2,1 Wilkinson, Toby A.H. Early dynastic Egypt Routledge; 1 edition (14 Jun 2001) ISBN 978-0-415-26011-4 p.74 [1]
- ↑ Aidan Dodson & Dyan Hilton: The Complete Royal Families of Ancient Egypt. Thames & Hudson, 2004, ISBN 0-500-05128-3, p.140
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 J. Tyldesley, Chronicle of the Queens of Egypt, 2006, Thames & Hudson
- ↑ Porter and Moss Topographical Bibliography; Volume V Upper Egypt Griffith Institute. p.55
- ↑ [2] Tomb of Merneith at Abydos
- ↑ Egypt solar boats
- ↑ "Tombs of kings of the First and Second Dynasty". Digital Egypt. UCL. Consultado o 2008-01-15.
- ↑ A., Clayton, Peter. Chronicle of the Pharaohs:the reign-by-reign record of the rulers and dynasties of ancient Egypt. New York, N.Y. pp. 24-25. ISBN 0500050740. OCLC 31639364.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Merytneit |